Tempo  4 horas 31 minutos

Coordenadas 934

Fecha de subida 8 de febrero de 2014

Fecha de realización febrero 2014

-
-
429 m
230 m
0
2,6
5,2
10,41 km

Vista 2349 veces, descargada 35 veces

preto de Trasalva, Galicia (España)

Ramón Otero Pedrayo naceu na cidade de Ourense o 5 de marzo de 1.888, sendo fillo de Dona Eladia Pedrayo e de Don Enrique Otero, médico que exerceu a súa profesión desde o Pazo de Trasalba, na parroquia do mesmo nome.
O principal da súa obra literaria foi escrito entre a segunda metade da década dos vinte e a primeiros dos trinta.
Ao pouco de estourada a Guerra Civil é deposto da súa cátedra no Instituto de Ourense e retírase ao Pazo (lugar de Cima de Vila), converténdose nun símbolo vivo da resistencia cultural; recibindo daquela o sobrenome de "Patriarca das Letras Galegas". No ano 1.950 pasará a ser Presidente da Editorial Galaxia.

O Pazo, que pertenceu a súa avoa e despois a súa nai, consérvase como estaba en vida Otero Pedrayo, cuns fermosos xardíns e arredores naturais engaloiantes. Foi donado con tódalas súas pertenzas á Editorial Galaxia que creou unha Fundación que anualmente entrega un premio a un galego que se distinguira polo traballo feito durante a súa vida.

O roteiro proposto, non sinalizado, comeza e remata no Pazo, desenrolándose pola súa contorna sempre por camiños carreteiros, corredoiras ou vieiros que unen os predios.

Ver más external

foto

Albeiros

Lugar na parroquia de Trasalba, concello de Amoeiro.
Picnic

Area de lecer

Pequena área recreativa no lugar de Fondo da Vila, na parroquia de Trasalba (Amoeiro).
Arquitectura religiosa

Capela Pazo do Campo

Ermida do Pazo do Campo, lindante co Pazo de Trasalba.
foto

Corredoira

Congostra que baixa desde a igrexa de San Pedro de Trasalba hacia o lugar de O Carril.
foto

Cruceiro

Cruceiro a entrada do Pazo do Campo, en Trasalba (Amoeiro).
foto

Eira

Eirado no lugar de Fondo da Vila, en Trasalba (Amoeiro).
foto

Fondo da Vila

Lugar na parroquia de Trasalba, concello de Amoeiro.
fuente

Fonte lavadoiro

Fonte con lavadoiro no lugar de Soutomanco, Amoeiro.
foto

Formigueiro

Lugar na parroquia de Trasalba, Amoeiro.
foto

Horreos

Espigueiros no lugar de Albeiros, Amoeiro.
Arquitectura religiosa

Igrexa San Pedro

Construida a principios do século XIII nun estilo de transición do románico ao gótico. É a igrexa parroquial de Trasalba, concello de Amoeiro.
fuente

Mina de auga

Mina de auga potable en Trasalba.
foto

O Carril

Lugar na parroquia de Trasalba, Amoeiro.
foto

Os Campos

Lugar na parroquia de Trasalba, no concello de Amoeiro.
foto

Pazo Otero Pedrayo

Pazo Museo Otero Pedrayo, na parroquia de San Pedro de Trasalba, concello de Amoeiro.
árbol

Reboleira

Bosque de rebolos ou cerquiños no monte de Pote, lugar de Os Campos, Trasalba.
foto

Viñedos

Plantación de viña, actualmente en estado de abandono, no lugar de O Quintairo, Trasalba.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta