-
-
335 m
-2 m
0
4,5
9,1
18,12 km

Vista 2578 veces, descargada 24 veces

preto de Viascón, Galicia (España)

Punto de partida/chegada: Viascón, nun punto próximo ó Hotel restaurante Manolo.
Percorrido: N-541 Viascón, carballeira da Portela, ponte de San Xián, carballeira de Carbalinchán, ponte de Rexedoiro, muíño Bouza do Mogo, ponte de San Xián, piscina fluvial de Cabanelas, Muíño Novo, desvío aos petroglifos das Coutadas, fonte de Natoal, mirador do Coto do Ramalloso, bosquete, petroglifo de Laxes, Ponte-Atalaia, Fonteseca, río Lérez, A Igrexa, carballeira da Portela e N-541 Viascón.
A ruta discorre na súa maior parte por sendeiros ao borde do río e algunhas pistas forestais.
Ao principio temos que seguir á carretera a Cabanelas durante un tramo corto, pero axiña nos desviamos por unha pista de terra hacia a Carballeira da Portela.
Baixamos polas pistas de concentración parcelaria hacia o río. Antes de cruzar a ponte, tómase un pequeno sendeiro ribereño con restos dos muíños abundantes na zona, e do sistema de regadío antigo.
Tras cruzar a ponte, o camiño discorre entre zonas de pasto acotadas ata a aldea de Cabanelas, piscinas fluviais e área recreativa, que esconden unhas atractivas pozas para o verán. Podemos seguir a a derivación ata o petroglifo "Laxe das Coutadas", uns dos máis interesantes de todo o municipio.
Ascendemos por unha pista de subida pronunciada que nos levará cerca da cima do Coto Ramalloso.
Tralo descenso, chegamos ata o petroglifo "Portela da Laxe".
Rematamos a ruta corta, no lugar da iglesia e rectoral de Santiago en Viascón.
De alí, parte un pequeno sendeiro circular hacia a Atalaya, con boas vistas e bordeando o río Lérez, con retorno de novo á zona da igrexa, dende onde regresaríamos ao punto de partida.

Ver más external

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta