danisantin
7 1 0
  • Foto de Achá - Estrada
  • Foto de Achá - Estrada
  • Foto de Achá - Estrada
  • Foto de Achá - Estrada
  • Foto de Achá - Estrada
  • Foto de Achá - Estrada

Tempo  unha hora 10 minutos

Coordenadas 463

Fecha de subida 2 de junio de 2013

Fecha de realización junio 2013

-
-
564 m
484 m
0
1,2
2,5
4,92 km

Vista 1012 veces, descargada 3 veces

preto de Cha, Galicia (España)

Distancia: 4.93 kms
Duración estimada: 1h 10min, máis paradas.
Dificultade: moderado
Desnivel positivo: 332 ms (Cota máxima: 564 m; cota mínima 484 m)
Percorrido: Achá, Estrada, río Cervantes, Cancelada, Santo Tomé, Monte da Estrada , Achá .
Lugares de interese: Río Cervantes ,Muiño da casa de Xarvoles , Vía Romana, Fonte do ano 1959 .
Tipo de terreo: Altérnanse zóas de asfalto con camiños , (carreiros) e monte(este sería o único tramo de vexetación espesa, tanto que é intransitable polo que hai que descender por el con moito coidado para non lastimarse , ten gran cantidade de xestas e máis de toxos moi grandes que ocupan unha grande superficie) , que poden estar con lama , se chove neva ou sarabia.

Descrición do percorrido:
A ruta é circular con inicio e fin na Achá. Son 4,93 kms por un contorno rural, onde se alternan camiños de paso de animais como vacas , zonas asfaltadas e monte. Non se salvan desniveis importantes, agás unha subida dende a Estrada ata o monte que está moi embarrada debido a que cerca nace una fonte sen recoller , ao final da ruta. Antes disto os ascensos son normais pero o descenso dende o monte da Estrada ata Achá ten unha forte pendente polo que considero a ruta dunha dificultade media , xa que este descenso pode chegar a ser perigoso .Realizei a ruta eu so,un Domingo pola mañá no meu tempo libre o 2 de xuño do 2013. Completei o percorrido a unha velocidade media en movemento de 4,21 kms hora. Dende Achá tomei o camiño cara a Estrada, e aquí seguin o (sendeiro) que conduce ata o río, cruzando unha ponte.
No Río merece a pena deterse para contemplar a fermosura das súas proximidades compostas por pradeiras totalmnte verdes con diferentes árbores como castiñeiros entre outros e dunha pequena presa que o fai todavía máis fermoso, o río neste punto vai tranquilo pero máis adiante alterna zonas con rápidos que poden chegar a ser perigosos cando as condiccións metereolóxicas non son favorables.
Saín logo a uns 200 m do muíño que acaba de ser recentemente restaurado , (merece a pena deterse a velo sobre todo se está en funcionamento), para tomar un camiño de acceso aos prados e utilizado tamén para a circulación de animais que me levaría cerca de Santo Tomé. O piso é moi irregular e de terra e pode estar mollado en épocas de choivas e nevadas incluso no verán xa que nacen numerosas fontes polos arredores.
Xa de volta para a Estrada pola estrada asfaltada, desvieime cara ao monte atravesando as casas desta pequéna poboación para contemplar una inmensa carballeira. Dende aquí descendín ata a última casa da Estrada polo monte , para logo ir pola caretera asfaltada ata a Achá onde rematei a ruta.
Merece a pena facela pola fermosura da súa paisaxe , vexetación , padreiras fauna e do seu precioso río .

1 comentario

  • f.follana 18-jun-2013

    Ben dani, xa levarei á gadaña!

Si quieres, puedes o esta ruta