-
-
499 m
294 m
0
1,9
3,8
7,57 km

Vista 1797 veces, descargada 16 veces

preto de Trasalva, Galicia (España)

Domingo, 24 de agosto de 2014
Ruta pola parroquia de Trasalba (Concello de Amoeiro). A vida de Ramón Otero Pedrayo transcorreu entre Ourense (rúa da Paz) e o Pazo de Trasalba (hoxe museo Otero Pedrayo). Herdanza da súa mamá. Home da Xeración Nos e Patriarca das Legras Galega. Un lugar a visitar, sen dúbida.
O noso percorrido iníciase na estrada de Trasalba (despois dá pasar o lugar de Outeiro) e un pouco antes de chegar ao pequeno pobo de Albeiros. Camiño sinxelo e doado, utilizando senllas alternativas en función da maleza. Lugares típicos de Galicia, cargados en maxia e encanto: O Raposo, A Ferradura, o pobo de Formigueiro, as ruínas do Castelo de Formigueiro, Capela de Formigueiro (en honor á Virxe das Candeas e a San Sebastián), a pequena ruta do río Formigueiro son lugares polos que pasamos. Case oito quilómetros de percorrido cheos de encanto.

Ver más external

Petroglifos

2 comentarios

  • Os pitufiños 28-ene-2015

    Fixemos esta ruta o domingo 25 de xaneiro de 2015. Salvo en alguns tramos que ten bastante bulleiro o resto da ruta podese facer perfectamente.
    Moitas grazas Arraiano12 por subir esta ruta

  • Foto de arraiano12

    arraiano12 28-ene-2015

    Non se merece a grazas!! Teño paixón pola actividade. É un desexo compartir as miñas pateadas. O castelo de Formigueiro está cheo de matogueira. Para chegar ata o pouco que queda do castelo hai que fozar entre a tupida boscaxe. Saúdos e que teñas unhas boas camiñadas

Si quieres, puedes o esta ruta