• Foto de ALDARIS MURALLA TREITO
  • Foto de ALDARIS MURALLA TREITO
  • Foto de ALDARIS MURALLA TREITO
  • Foto de ALDARIS MURALLA TREITO

Tempo  3 horas 57 minutos

Coordenadas 1291

Fecha de subida 30 de mayo de 2014

Fecha de realización mayo 2014

-
-
665 m
342 m
0
4,3
8,7
17,31 km

Vista 1320 veces, descargada 13 veces

preto de Fruime, Galicia (España)

A ruta empeza en Aldaris (Lousame) a unha altitude aproximada de 398 m, dirixímonos ao monte da Muralla (680 m de altitude), é a ascensión máis dura da ruta, posteriormente temos un descenso e a continuación volvemos a ascender cara o Monte Treito, nesta parte da ruta andaremos arredor dos 500 m de altitude, despois descendemos cara a aldea de Vilachán e Duei do Concello de Rois e remataremos cunha ascensión suave ata o punto de inicio.

A ruta vai polos Concellos de Lousame, Rianxo, Dodro e Rois, estaremos nun punto onde coinciden os lindes deses catro concellos. Pasamos por zonas con muiños de vento (Muralla e Treito), con pistas sen asfaltar, tamén temos camiños de monte e algo de asfalto sin tráfico. Hai boas vistas da zona Ría de Arousa, e se o día é claro desde a Muralla se pode chegar a ver a catedral de Santiago. Non ten dificultades técnicas, sirve para facer en bicicleta de montaña. Se vai calor hai que ir preparados con auga, protección solar e gorra pois non ten casi ningunha sombra.
É moi similar (ten 2 kilómetros menos) que a ruta "Circular polos montes Muralla e Treito" de dasparrandas, por esta zona tamén está a ruta "Por los montes Treito y Muralla desde Beade" de apriet.
Esta ruta foi feita polo Club de montaña do Barbanza Vintedouspés o 25 de maio de 2014.

Ver más external

1 comentario

  • Vintedouspés 30-may-2014

    Vista desde a Muralla https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/aldaris-muralla-treito-6963596/photo-3918367

Si quieres, puedes o esta ruta