• Foto de Aldea Vella de Vichocuntín (Pedre-Cerdedo)
  • Foto de Aldea Vella de Vichocuntín (Pedre-Cerdedo)
  • Foto de Aldea Vella de Vichocuntín (Pedre-Cerdedo)
  • Foto de Aldea Vella de Vichocuntín (Pedre-Cerdedo)
  • Foto de Aldea Vella de Vichocuntín (Pedre-Cerdedo)
  • Foto de Aldea Vella de Vichocuntín (Pedre-Cerdedo)

Tempo  8 horas 11 minutos

Coordenadas 1543

Fecha de subida 2 de marzo de 2014

Fecha de realización febrero 2014

-
-
544 m
308 m
0
4,3
8,5
17,07 km

Vista 3290 veces, descargada 33 veces

preto de Pedre, Galicia (España)

Capitán Gosende na aldea vella de Vichocuntín
­Algo do que se publicou no Faro de Vigo na data: 31,07,2013
A aldea vella de Vichocuntín (Pedre-Cerdedo) abandonouse paulatinamente a partir da segunda metade do século XIX, cadrando coa apertura da estrada de Ourense. Os seus moradores optaron daquela por reinstalarse na ribeira do Lérez, ao pé da nova estrada. O trazado do vial propiciou a construción dunha ponte (ano 1852) sobre o río. Malia que o éxodo poboacional tamén se cebou co actual asentamento, a ponte de pedra, a ponte de Vichocuntín, mantense impertérrita, emprestando aínda o seu indispensábel servizo.
No eido onomástico, Vichocuntín é un antropotopónimo, é dicir, un nome de lugar derivado do nome do seu posesor medieval: (villa) Visclacuntini, "o eido de Visclacuntino", de etimoloxía xermánica.
O paulatino despoboamento da aldea vella de Vichocuntín, o núcleo orixinal, veu motivado pola construción, no século XIX, da estrada de Ourense cuxo trazado discorre uns 150 m cara ao sur. As vantaxes de vivir ao pé dunha transitada vía de comunicación atraeron a xente á súa beira. A estrada de Ourense atravesa a aldea nova (A Vilanova) salvando o río Lérez grazas a unha ponte de pedra que aínda empresta servizo, a ponte de Vichocuntín (do ano 1852). As razóns que xustificaron aquela muda de residencia pódense albiscar no seguinte dito: "Xúntate con quen teña leiras ao pé do camiño".
Xa na década dos setenta do pasado século, o acondicionamento da estrada de Ourense, hoxe N-541, precisou da construción dunha ponte de formigón sobre o río e a escava dun noiro que afastou definitivamente a aldea primitiva da moderna. A reorientación do tráfico é, outra volta, unha das causas do abandono do Vichocuntín de hoxe.
Esta ruta foi feita baseándonos na que fixeron Capitán Ghosende en setembro 2013.

Quixemos visitar a Aldea vella de Vichocuntín, e poder apreciar a súa fermosura, algo que non nos defraudou.
A saída e chegada foi dende o lugar de Pedre, terra de canteiros, ponde podemos apreciar os canastros situados na “Eira Grande”. Visitamos tamén a súa igrexa parroquial co seu cemiterio pegado.

Aínda que ten mais asfalto do que desexáramos, é unha das rutas onde podemos contemplar pontes medievais, capelas, como a de San Lourenzo que está rodeada de rochas no alto do lugar de Serrapio, e un sin fin de carballeiras polas que cruzamos.
PEDRE FILLOEIRAS

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta