Coordenadas 1490

Fecha de subida 10 de agosto de 2013

Fecha de realización agosto 2013

  • Valoración

     
  • Información

     
  • Fácil de seguir

     
  • Entorno

     
-
-
844 m
526 m
0
5,0
10
20,17 km

Vista 5299 veces, descargada 74 veces

preto de Xirazga, Galicia (España)

A Serra do Cando está situada na Dorsal Galega e abrangue terras dos concellos pontevedreses de Cerdedo, Cotobade, Forcarei e A Lama, e do ourensán Beariz. A súa cota máxima é de 1010 m e baixan dos seus cimos os ríos Verdugo e Almofrei.

O noso roteiro transcorrirá polas aldeas dos concellos de Beariz e Forcarei xirando arredor dos prominentes Outeiro do Home e O Pico. Podemos comezar na igrexa parroquial do Divino Salvador de Xirazga (Beariz), moi preto de Doade, e ao pouco acadamos a área de lecer de Coto Pereira, a sombra dunha vizosa carballeira.

Subimos á procura do Outeiro da Cruz e desde aquí xa enxergamos a ermida de Santo Domingo, a que iremos e onde podemos coller uns folgos na súa área recreativa. Un camino de baixada entre frondas condúcenos ata Devesa de Arriba (Forcarei) e seguen máis aldeas cuxas xentes fotografou o retratista de Soutelo de Montes Virxilio Viéitez: Alfonsín, Pousada (onde hai que ver unha eira) e Pardesoa.

O ascenso ponnos na divisoria de augas e logo baixamos para rematar en Xirazga, pasando antes polas fermosísimas aldeas de Alén e Correa (Beariz), ao seguido unha da outra, con as típicas casas en pedra e con patín abalconado.

Ver más external

foto

Alen

Aldea do concello de Beariz.
foto

Alfonsin

Aldea do concello de Forcarei.
Waypoint

Antenas

Antenas no Campo do Río, en Outeiro Grande.
Picnic

Area lecer

Área recreativa con mesas a carón da ermida de Santo Domingo.
árbol

Bidueiral

Pequeño bosque de bidueiros nas marxes do rego Vicenza.
foto

Correa

Aldea da parroquia de Xirazga, Beariz.
Picnic

Coto Pereira

Área de lecer nunha carballeira situada entre a igrexa de Xirazga e Doade, en Beariz.
foto

Devesa de Arriba

Aldea no concello de Forcarei.
foto

Eira

Conxunto de hórreos na aldea de Pousada, Forcarei.
Arquitectura religiosa

Ermida Santo Domingo

Capela situada no concello de Beariz, moi preto da Devesa de Arriba en Forcarei.
fuente

Fonte 1

Fonte na aldea de Devesa de Arriba.
fuente

Fonte 2

Fonte situada entre Devesa de Abaixo e Alfonsín.
fuente

Fonte 3

Fonte na aldea de Alfonsín.
fuente

Fonte 4

Fonte na aldea de Pardesoa, Forcarei.
fuente

Fonte 5

Fonte na aldea de Alén, na parroquia de Xirazga.
fuente

Fonte 6

Fonte na aldea de Alén, na parroquia de Xirazga, Beariz.
fuente

Fonte lavadoiro

Fonte e lavadoiro na aldea de Pardesoa, Forcarei.
Arquitectura religiosa

Igrexa Divino Salvador

Igrexa parroquial de Xirazga, Beariz.
foto

Pardesoa

Parroquia de Santiago de Pardesoa no concello de Forcarei.
foto

Pousada

Aldea no concello de Forcarei.

2 comentarios

  • Foto de sextante

    sextante 29-ago-2013

    Un paseo, Jesús, con muy buena pinta, que habrá que intentar repetir en cuanto me pueda escapar para tu bonita tierra.
    Saludos

  • Foto de jesussimon

    jesussimon 29-ago-2013

    Estupendo, "sextante". Que la disfrutes.

    Saludos de Suso.

Si quieres, puedes o esta ruta