Tempo  5 horas 26 minutos

Coordenadas 1222

Fecha de subida 24 de marzo de 2014

Fecha de realización marzo 2014

-
-
1.220 m
938 m
0
3,1
6,2
12,41 km

Vista 2767 veces, descargada 79 veces

preto de Bico, Viana do Castelo (Portugal)

Castro Laboreiro, freguesía do concello de Melgaço situada as portas do Parque Nacional Peneda-Gêres, ten unha altura media duns 1000 m, estando a súa exígua poboación asentada sobre todo arredor do Castelo e o resto diseminada en pequenas aldeas.

O noso roteiro vainos permitir coñecer varias destas fermosas e típicas aldeas de montaña, acadando no punto máis alto da nosa andaina o planalto da serra. Non faltarán regos que vadear, corredoiras entre verdes valados, brandas que fotografar, gando pastando, pequenas e vizosas reboleiras, a senlleira ponte de A Varziela e as abraiantes vistas sobre o caos granítico no horizonte.

O percorrido, non sinalizado, comeza na aldea de Bicos e continua por Cainheiras, Padrosouro, Portos de Baixo, Curral do Gonçalo, Campelo, Barreiro, Varziela e de novo Bicos.

Ver más external

Peto de ánimas na parede dunha casa de Varziela.
Peto de ánimas na aldea de Cainheiras.
Peto de ánimas na ponte da Varziela.
Aldea da freguesía de Castro Laboreiro.
Aldea na freguesía de Castro Laboreiro, onde comeza o noso roteiro.
Aldea da freguesía de Castro Laboreiro.
Camiño que comunica Barreiro co planalto da serra.
Aldea da freguesía de Castro Laboreiro.
Ermida en Cainheiras.
Inicio do percorrido na aldea de Bicos.
Corredoira en Padrosouro.
Pequeno rego afluente da Corga dos Portos.
Rego tributario do río Laboreiro.
Cruceiro na aldea de Barreiro.
Cruz na aldea de Padrosouro.
Cruz na aldea de Campelo.
Aldea da freguesía de Castro Laboreiro.
Eira situada entre Portos de Cima e Portos de Baixo.
Eira na aldea de Barreiro.
Eira na aldea de Barreiro.
Fonte no Curral do Gonçalo.
Fonte na aldea de Campelo.
Mina de auga na aldea de Cainheiras.
Muiño na aldea de Pradosouro.
Muiño onde se xuntan a Corga das Lapas e a Corga dos Portos.
Muiño cerca da Varziela.
Muiño na ponte da Varziela.
Aldea da freguesía de Castro Laboreiro.
Antiga ponte de arco de medio punto.
Pontillón en Padrosouro.
Pontillón onde se xuntan a Corga dos Portos e a Corga das Lapas.
Aldea da freguesía de Castro Laboreiro.
Pradaría no planalto da serra de Laboreiro.
Aldea na freguesía de Castro Laboreiro.

2 comentarios

Si quieres, puedes o esta ruta