Tempo  5 horas 23 minutos

Coordenadas 630

Fecha de subida 14 de noviembre de 2016

Fecha de realización noviembre 2016

  • Valoración

     
  • Información

     
  • Fácil de seguir

     
  • Entorno

     
-
-
699 m
464 m
0
1,6
3,2
6,36 km

Vista 738 veces, descargada 10 veces

preto de Parada do Monte, Viana do Castelo (Portugal)

O noso roteiro transcorre polos predios de Parada do Monte, antiga freguesía da Cámara Municipal de Melgaço e hoxe formando parte do novo ente parroquial União de Freguesías de Parada do Monte e Cubalhão.

Sítúase aproximadamente no centro xeográfico do concello e o seu topónimo semella indicar que era lugar de parada e descanso dos viaxeiros a pé ou de cabalo por unha antiga vía romana que por aquí pasaba.

A súa paisaxe e modo de vida están marcados polos ríos Mouro e Mourilhão, que atravesan o seu territorio por profundos canóns e que dan lugar a unhas abas de forte caída que obriga a unha preparación dos terreos de cultivo en forma de socalcos ou bancais, destinados maioritaramente aos viñedos que cobren unha importante extensión.

Desde o punto de vista arquitectónico, destacan a súa igrexa parroquial do século XVIII e máis o seu abondoso número de almiñas ou petos de ánimas, onde os fieis depositan as súas esmolas, especialmente constituidas por mazarocas de millo.

A mellor época do ano para facer este percurso é, sen dúbida, o outono polo espectacular colorido dos viñedos.

Ver más external

foto

Alminha 1

Peto de ánimas.
foto

Alminha 2

Peto de ánimas.
foto

Alminha 3

Peto de ánimas.
foto

Alminha 4

Peto de ánimas.
foto

Alminha 5

Peto de ánimas.
foto

Camiño

Camiño entre viñedos en Parada do Monte.
foto

Camiño empedrado

Camiño con firme de pedra.
Arquitectura religiosa

Capela

Ermita no medio das leiras.
Waypoint

Comezo Parada

Punto de inicio do noso roteiro ao carón da igrexa parroquial de Parada do Monte.
foto

Cruceiro 1

Cruceiro en Parada do Monte.
foto

Cruceiro 2

Cruceiro no medio das leiras.
fuente

Fonte

Fonte de auga potable.
Arquitectura religiosa

Igrexa Parada

Igrexa parroquial de Parada do Monte.
foto

Leiras

Campos de cultivo.
foto

Levada

Levada de auga.para regadío.
fuente

Mina auga

Xacemento de auga.
foto

Parada do Monte

Antiga freguesía de Melgaço.
foto

Pereiral

Aldea en Parada do Monte.
Ponte

Pontella

Pontón de pedra.
foto

Viñedos

Plantación de viñas.

1 comentario

  • Das.neves.michel 01-ago-2019

    He realizado esta ruta  verificado  ver detalle

    Balade sympathique à faire en famille. Le parcours est bien documenté.

Si quieres, puedes o esta ruta