Coordenadas 470

Fecha de subida 13 de junio de 2009

Fecha de realización junio 2009

-
-
1.861 m
1.009 m
0
4,6
9,3
18,59 km

Vista 9624 veces, descargada 394 veces

preto de Piornedo, Galicia (España)

Traducción/Translation/Traduction: oajmer@gmail.com

Ruta que nos leva desde Piornedo ata Vilarello e de alí ata ás brañas de Vilarello e a Golada de Boca do Campo. Desde a golada sube ata o pico Lanza (ou Lagos) e segue pola serra de Villous ata a Golada da Toca e o pico do Agulleiro e logo continúa por un fermoso bosque de vellas bidueiras ata unha zona de acivros e desemboca nas Campas de Veiga Cimeira moi cerca xa de Piornedo. Desde estas campas un breve paseo devólvenos a Piornedo.
Importante: o tramo que vai desde o punto marcado "Bidueiras" ata "Camiño ás campas" é difícil xa que non hai camiño claro e non sempre é fácil ver por onde se sigue. No caso de non querer intentalo, recomendo baixar no circo do Mustallar ou na Golada da Toca ata o camiño do Mustallar a Piornedo.
Feita por Jesús e Jose en xuño do 2009.

Outras rutas de Ancares:
1 De Piornedo a Pico Lanza por Vilarello,
2 Tres Bispos,Trapa,Brego e Cabanavella,
3 De Piornedo a Suárbol por Acevais
4 Circular Porto Ancares-Miravalles-Balouta
5 Circular Burbia-Vedual
6 Os tres cumes de Lugo
7 Da ponte de Vales a Brego
8 Club Ancares a Cela por Deva
9 Campa da Braña-Fieiró-Robledo
10 De Piornedo a Suárbol polo Chao Grande
11 A parroquia de Donís
12 Pereda-Miravalles-Pereda
13 Circular Campa da Braña a Piornedo
14 Faial de Pintinidoira
15 Degrada, Cela, Pando, Cabanas Antigas
16 Piornedo, Donís, Xantes e Vilarello

Ver más external

árbol

Bidueiras

Pequeno e fermoso bosque de vellas e retortas bidueiras case exclusivamente. Desde aquí a baixada ás campas de Veiga Cimeira complícase pola ausencia a ratos de camiño e polas xestas e outro tipo de mato.
árbol

Acivros

fuente

Auga

Un dos últimos lugares para coller auga.
Sitio arqueolóxico

Boca do Campo

Mallada de Vilarello. Unha vella cabana recorda o antigo uso destes prados de altura.
sendeirismo

Camiño de baixada ás campas

A partir de aquí a baixada ás Campas de Veiga Cimeira xa é máis sinxela.
sendeirismo

Camiño de subida á golada

Inda que non está claro, non é complicado subir desde Boca do Campo ata a golada do mesmo nome.
sendeirismo

Campas de Veiga Cimeira

Desde aquí, logo de atravesar o río Piornedo de novo, chégase a Piornedo nuns 15 minutos.
sendeirismo

Fito

Despois dunha zona de camiños pouco claros, anima atopar este fito. Lástima que non hai máis.
sendeirismo

Golada da Toca

Desde aquí pódese baixar ao val do río Piornedo e evitar a zona máis complicada de máis adiante.
panoramica

Golada de Boca do Campo

Desde aquí podemos ver o Mustallar, os lagos de Burbia e o val de Burbia.
cima

Pico Lanza ou Lagos

Sitio arqueolóxico

Vilarello

O único pobo que atravesa a ruta aparte de Piornedo. Nel hai varios grandes exemplares de teixo.

5 comentarios

  • Foto de ghaillic

    ghaillic 14-may-2010

    Parabens pola ruta, por favor,si queredes apoiar a creación do Parque Natural dos Ancares, visitade a nosa web

    http://ancares-terracelta.blogspot.com/

  • Foto de Club Acivro

    Club Acivro 09-abr-2011

    La ruta es espectacular y muy bonita, pero recomiendo a todos aquellos que quieran realizarla que, una vez ascendido el pico Lanza, para llegar a Piornedo, se abstengan de llegar al Pico Agulleiro y bajar a Veiga Cimeira, ya que el camino está completamente cerrado y hay que luchar con árboles, acebos y matorrales para llegar. Mejor opción es bajar por la Golada da Toca.

    Un saludo
    Club Acivro

  • Foto de jose armesto

    jose armesto 09-abr-2011

    ola, alégrome que vos gustase. A recomendación que facedes é correcta, hai dous anos estaba complicado ese tramo, así que supoño que agora estará peor. Xa recomendaba o mesmo no texto.
    saúdos

  • Foto de Docsxan

    Docsxan 18-sep-2016

    La ruta, sin problema con el track, hacia años que no la hacia y me hubiese costada pillar bien los caminos, eso que parte de la bajada de golada de Boca de Campo a Vilarello empieza a tener zonas algo cerradas de vegetación

    Eso si a 17/9/2016, el antiguo Vilarello - Piornedo está casi cerrado, sobre todo mucha silva (zarza).

    por lo demás ruta muy recomendable

    XR

  • Foto de jose armesto

    jose armesto 21-sep-2016

    La bajada de Boca do Campo nunca la encontré demasiado clara. Pero que el camino de Piornedo a Vilarello esté mal es una mala noticia. Pasé por él hará un año (en invierno) y no hubo grandes problemas. Se ve que la primavera vino con fuerza... Gracias por comentar.
    Saludos

Si quieres, puedes o esta ruta