Tempo  3 horas 41 minutos

Coordenadas 837

Fecha de subida 23 de octubre de 2012

Fecha de realización octubre 2012

-
-
1.313 m
870 m
0
3,0
5,9
11,81 km

Vista 5148 veces, descargada 319 veces

preto de Piornedo, Galicia (España)

oajmer@gmail.com
SEN ASFALTO (case)
Ruta para facer o percorrido Piornedo-Suárbol-Moreira sen case pisar asfalto. A saída de Piornedo faise polo sendeiro do Mustallar. Xusto a continuación dun depósito de auga (02) collemos o camiño da esquerda, deixando o do Mustallar á dereita. Este camiño atravesa o bosque que está entre os tres pobos e que nesta zona chámase Chao Grande (03). O camiño segue ata atravesar o Río da Veiga (04) e acaba en Suárbol. O río ten que cruzarse vadeando, o que pode ser dificultoso no inverno. Antes e despois do río a senda é estreita e pode estar dificultada por algo de vexetación, pero no momento de facer a ruta non impide o avance en absoluto.
Ao chegar a Suárbol hai que baixar ata a igrexa (05) e coller o camiño pola esquerda da mesma cunha ponte que atravesa o río. Logo dun pequeno tramo hai que atravesar o río de novo e xa estamos no Camiño Vello que une Suárbol e Moreira. Este camiño lévanos sen complicacións ata a pista (06) que desde Moreira sube ao monte. Baixando por ela chegamos a Moreira (07). Para chegar á estrada hai varias opcións, neste track atravésase o pobo sempre en baixada.
Crúzase o río e pouco despois de empezar a subir hai que deixar a estrada e coller un camiño (08) que, con tramos de subida forte e algo de vexetación nalgúns momentos, déixanos de novo en Piornedo.

Toda a ruta vai por camiños ben visibles. Realizada en outubro de 2012.

Outras rutas en Ancares:
1 De Piornedo a Pico Lanza por Vilarello,
2 Tres Bispos,Trapa,Brego e Cabanavella,
3 De Piornedo a Suárbol por Acevais
4 Circular Porto Ancares-Miravalles-Balouta
5 Circular Burbia-Vedual
6 Os tres cumes de Lugo
7 Da ponte de Vales a Brego
8 Club Ancares a Cela por Deva
9 Campa da Braña-Fieiró-Robledo
10 De Piornedo a Suárbol polo Chao Grande
11 A parroquia de Donís
12 Pereda-Miravalles-Pereda
13 Circular Campa da Braña a Piornedo
14 Faial de Pintinidoira
15 Degrada, Cela, Pando, Cabanas Antigas
16 Piornedo, Donís, Xantes e Vilarello
Sitio arqueolóxico

01 Capela de San Lourenzo

Intersección

02 Depósito de auga-Desvío

árbol

03 Chao Grande

Río

04 Río da Veiga-Vadeo

foto

05 Suárbol

Intersección

06 Camiño Vello de Suárbol-Pista monte comunal de Moreira

23-OCT-12 14:34:47
Intersección

07 Moreira

23-OCT-12 14:44:00
Intersección

08 Desvío

23-OCT-12 14:59:19
Sitio arqueolóxico

09 Cortín

23-OCT-12 15:22:15

4 comentarios

  • fcanamares 24-ago-2013

    Realizamos la ruta el 5.08.2013. Una vez pasado el rio, nos encontramos con mucha agua en el camino, lo que hizo que anduviesemos muchos metros con las botas undidas en barro. A tener en cuenta sobre todo en épocas lluviosas. Pese a ello, ruta totalmente recomendable para adentrarse en los Ancares.

  • Foto de jose armesto

    jose armesto 25-ago-2013

    Me alegro que os gustase. Pasé por ahí al final del verano pasado y no recuerdo tanto barro pero tampoco me extraña, con toda la nieve y el agua de este invierno/primavera. Gracias por tu comentario.
    un saludo

  • Óscar Vilariño 02-may-2018

    Fixen a ruta o día 01-04-2018. Este inverno 2017/2018 choveu e nevou MOITO, polo que certamente o camiño estaba moi enchoupado, sobre todo a partir do río ata Suárbol. Nese tramo o camiño foi prácticamente un río. De feito ó cruzar o río da Veiga, ía tan grande, que non houbo paus que me axudasen, esvarei nunha das tres rochas que me poderían servir para cruzalo e acabei espatarrado no río xD. Ese día o río na parte baixa tiña entre 3 e 4 metros de ancho na parte baixa, e na parte alta levaba moita forza. Facía bo día e puiden enxugarme perfectamente ó sol en Suárbol. A min non me importa mollarme, pero se a alguén lle molesta especialmente, debería evitar esta ruta en épocas moi chuviosas.
    En conxunto a ruta gustoume moito. Os tres pobos que atravesa son moi bonitos e os camiños de Piornedo a Suárbol e de Suárbol a Moreira son espectaculares.

  • Foto de jose armesto

    jose armesto 04-may-2018

    Alégrome que che gustase a pesar da enchoupada :-((
    Haberá que ter en conta a recomendación, no comentario de arriba en agosto tamén había lama. Cando pasei por alí había lama pero non recordo tanta.
    Saúdos

Si quieres, puedes o esta ruta