Tempo  6 horas 24 minutos

Coordenadas 1155

Fecha de subida 25 de noviembre de 2012

Fecha de realización noviembre 2012

  • Valoración

     
  • Información

     
  • Fácil de seguir

     
  • Entorno

     
-
-
1.164 m
596 m
0
3,4
6,8
13,61 km

Vista 2736 veces, descargada 79 veces

preto de Piornedo, Galicia (España)

Ruta que recorre 5 pobos da parroquia de Donís: Piornedo, Vilarello, Xantes, Robledo e Donís para voltar a Piornedo. A ruta 16 (enlace ao final da páxina) fai un recorrido similar pero sen chegar a Robledo.

Todo o percorrido por camiños.

TRAMO 1 (4 km): Sáese da fonte de Piornedo atravesando o pobo ata a capela de San Lourenzo. No medio do pobo hai tamén un desvío que acurta nuns metros. Desde a parte alta do pobo cóllese unha senda estreita que baixa zigzagueando cara o río de Veiga Cimeira ou río de Piornedo. Cerca do inicio hai un panel de madeira cos camiños da zona e algunha frecha vermella nalgunha das rochas que nos poden guiar. Crúzase o río por unha ponte de madeira e séguese camiño a Vilarello sen atrancos.

TRAMO 2 (1 km): Atravésase Vilarello en baixada e na última casa xírase á dereita. Este camiño lévanos ata a estrada e uns 20 m máis adiante en dirección Donís hai un camiño do outro lado da estrada que nos leva ata Xantes.

TRAMO 3 (3 km): Unha vez entrado no pobo hai que baixar e xirar á esquerda. Logo deixamos as casas á nosa esquerda e seguimos o camiño baixando a través do souto e cando nos achegamos ao río Ortigal atoparemos un camiño á dereita que pode estar pechado por un par de cordas. Metémonos por el e atravesamos o río Ortigal por unha ponte de cemento.
Un pouco máis adiante hai que atravesar o río dos Carneiros por unha ponte de madeira en moi mal estado, polo que hai que ter precaución, pasamos xunto a un muíño en ruínas xunto ao regueiro da Barcia e iniciamos a subida a Robledo. Neste camiño poden apreciarse as rodeiras dos carros nas pedras do mesmo. Cerca de Robledo hai que cruzar outra vez o Regueiro de Barcia nunha zona na que hai unha cova á esquerda do camiño.

TRAMO 4 (4 km): En Robledo hai que xirar á dereita rodeando a primeira casa e logo collemos outro camiño á dereita que baixa ata acabar enlazando cun tramo de estrada cun par de curvas moi pronunciadas e que desemboca no lugar de Casa das Pontes, un par de edificios xunto a tres pontes, unha delas antiga pero xa sen uso.

A partir de alí, unha pista de terra en subida constante lévanos primeiro ata a igrexa de Donís, cuns soportais e un reloxio de sol e logo ao pobo de Donís.

TRAMO 5 (2 km): Este pobo atravésase o máis recto posible e sáese á estrada case enfronte da escola (hoxe sen uso). Atravésase a estrada e cóllese unha corredoira en subida suave que seguíndoa sen coller ningún dos desvíos déixanos case enfronte da fonte de Piornedo.

A calificación de moderado é pola ponte en mal estado do río dos Carneiros, o resto da ruta podémola calificar de fácil.

Feita en novembro de 2012 por Barto e Jose.


Outras rutas de Ancares:
1 De Piornedo a Pico Lanza por Vilarello,
2 Tres Bispos,Trapa,Brego e Cabanavella,
3 De Piornedo a Suárbol por Acevais
4 Circular Porto Ancares-Miravalles-Balouta
5 Circular Burbia-Vedual
6 Os tres cumes de Lugo
7 Da ponte de Vales a Brego
8 Club Ancares a Cela por Deva
9 Campa da Braña-Fieiró-Robledo
10 De Piornedo a Suárbol polo Chao Grande
11 A parroquia de Donís
12 Pereda-Miravalles-Pereda
13 Circular Campa da Braña a Piornedo
14 Faial de Pintinidoira
15 Degrada, Cela, Pando, Cabanas Antigas
16 Piornedo, Donís, Xantes e Vilarello
24-NOV-12 11:20:12
24-NOV-12 12:09:03
860 m altura
24-NOV-12 13:36:28
Río Do Ortigal
24-NOV-12 13:46:05
24-NOV-12 13:49:29
24-NOV-12 14:02:00
24-NOV-12 14:14:18
Río Das Pontes
24-NOV-12 15:34:35
24-NOV-12 16:04:21

3 comentarios

  • Bart76 26-nov-2012

    Una ruta bonita y útil especialmente si la climatología es adversa para subir a las cumbres. Lo mejor, el guía, sin el cual no me habría fijado en las “rodeiras” de los carros sobre piedra, de las “rateiras” en los hórreos, los canales y presas al lado de río, etc. Muchas gracias.

  • Adrián de Conxo 05-abr-2017

    He realizado esta ruta  ver detalle

    Bo día camarada!
    A pasada fin de semana realizamos a túa ruta un grupo de 5 persoas, en xeral é unha moi boa ruta, puidemos apreciar belísimas paisaxes de montaña e observar a arquitectura popular e tradicional.
    Pero é necesario engadir algunha cousa. En primeiro lugar o desvío que hai que coller ao saír de Vilarello en dirección a Xantes non está moi claro, non fomos quen de atopalo e ao final tivemos que ir pola estrada principal.
    En segundo lugar, unha vez en Xantes e baixando cara o río, xa dentro do souto, hai un desvío a dereita e esquerda que non está indicado. Nós collimos á dereita pero a ruta en principio seguiría pola esquerda, pero OLLO, segundo nos comentou a poboación local a ponte en mal estado que cruza o río Carneiros está totalmente destruída así que é posíbel que xa non se poda facer esta ruta tal e como está indicada.
    Isto é todo, grazas por compartir a ruta.

    PD: O antigo muíño coñecido como Casa das Pontes é un magnífico lugar para facer unha parada técnica, recuperar folgos e tomar o bocata.

  • Foto de jose armesto

    jose armesto 05-abr-2017

    Bos días, grazas por comentar. O desvío a Xantes desde Vilarello está a moi poucos metros de chegar á estrada. Supoño que se vos pasou porque é unha corredoira bastante visible, eso si, pode estar ata arriba de lama, polo que ao mellor non foi mala cousa ir pola estrada. Ou ao mellor tiña algún tipo de peche, non sei.
    Do desvío despois de Xantes, non podo dicir moito porque non recordo todos os desvíos, pero si recordo que había que baixar bastante polo camiño sen desviarse e un pouco antes de cruzar o río estaba o desvío que leva ao río Carneiros. ¿Entendo que vós collestes un camiño que vos leva directamente á Casa das Pontes??
    O da ponte en mal estado pois xa estaba bastante mal hai 5 anos (só quedaban as dúas vigas de soporte) así que non me estraña.
    Alégrome que a pesar de todo vos gustase a ruta.
    Saúdos

Si quieres, puedes o esta ruta