-
-
1.144 m
638 m
0
2,4
4,9
9,8 km

Vista 1635 veces, descargada 45 veces

preto de Piornedo, Galicia (España)

Ruta similar a 11 e 13 (ver enlaces ao final da páxina) pero máis curta e en sentido contrario.

A ruta sae de Piornedo e pouco despois da fonte que está á entrada do pobo deixa a estrada e baixa por un camiño con tramos dificultosos, sobre todo se hai auga (2 km). Cruza a estrada xunto á escola pechada de Donís e atravesa o pobo en baixada ata chegar á igrexa parroquial (900 m). Como curiosidade, ten un reloxio de sol na fachada e murais restaurados do século XVI inda que habitualmente está pechada.
Séguese baixando pola pista asfaltada ata chegar ao río das Pontes (1 km), onde hai unha ponte de pedra xa sen uso do camiño antigo que viña de Castelo. A casa que hai alí chámase casa das Pontes. Alí deixamos a estrada e subimos por un camiño ancho pegado á esquerda e que pasa por riba da casa e atravesa o souto de Xantes. Logo de chegar a Xantes (1,3 km), xírase á dereita e séguese a subir ata a estrada, atravésase e tómase outro camiño, todavía en subida, ata Vilarello (1,2 km).
Aquí xírase á esquerda e o camiño mantén máis ou menos a altitude, a primeira parte é un camiño ancho e logo pasa a ser unha senda ata chegar ao río Piornedo que baixa do Mustallar e que se atravesa por unha ponte de madeira (2,8 km). MOITA PRECAUCIÓN COA PONTE XA QUE LLE FALTAN VARIAS TÁBOAS. Desde aquí, unha senda en zigzag lévanos de volta a Piornedo (750 m).
O máis complicado é o tramo inicial de baixada e en tempos de auga, a lama e os camiños cheos de auga nalgúns tramos que fan que parezan ríos.
Pode facerse en bastante menos tempo do que se indica no lateral.

Feito en febreiro de 2015 por Celia, Marcos, Jesús, Lilo, Lucrecia, Xosé, Isabel, Charo, Arancha, Antonio, Lucía e Jose.

Outras rutas de Ancares:

1 De Piornedo a Pico Lanza por Vilarello,
2 Tres Bispos,Trapa,Brego e Cabanavella,
3 De Piornedo a Suárbol por Acevais
4 Circular Porto Ancares-Miravalles-Balouta
5 Circular Burbia-Vedual
6 Os tres cumes de Lugo
7 Da ponte de Vales a Brego
8 Club Ancares a Cela por Deva
9 Campa da Braña-Fieiró-Robledo
10 De Piornedo a Suárbol polo Chao Grande
11 A parroquia de Donís
12 Pereda-Miravalles-Pereda
13 Circular Campa da Braña a Piornedo
14 Faial de Pintinidoira
15 Degrada, Cela, Pando, Cabanas Antigas
16 Piornedo, Donís, Xantes e Vilarello
24-NOV-12 16:04:21
24-NOV-12 15:34:35
Río Das Pontes
860 m altura
24-NOV-12 12:09:03
24-NOV-12 11:20:12

4 comentarios

  • Foto de Sherpa K

    Sherpa K 14-jun-2017

    Boa tarde Jose Armesto, queriamos facer a zona de Ancares un grupo de Bikers, Ir a durmir en San Roman de Cervantes hai un albergue que podería albergarnos a todos, teis rutas que poden salir de San Roman e juntarse con as vosas, son bos trialeros e suben moi ben, os meus pais eran Seixas e Castelo de Cais e eu pasaba os veráns na área cando aínda non había electricidade nos fogares, imaxina que as estradas tiveron de terra batida non podería pasar só coches, nada mais carros e cabalos, nós gustaria muito poder andar en bicicleta na área, que espero que as súas noticias.
    Saúde e pedais
    Keru
    Disculpa o meu galego, non tuven a oportunidad de estudiaro.

  • Foto de jose armesto

    jose armesto 15-jun-2017

    Boas Keru, desde San Román nin teño nin coñezo forma de enlazar en bici sen pisar moito asfalto. O máis cercano é Vilarnovo (https://gl.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=7242941).
    En canto ás rutas que aparecen no listado de máis arriba, son feitas pra camiñar. Teñen unha parte ciclable boa as 8, 10, 11, 13, 14, 15 e 16 pero falo de memoria e ao mellor hai que carretar máis bici da que recordo porque a pendente pode ser moi forte nalgún punto.
    Un camiño endurero e bonito (non recomendable en mollado) é o que vai desde Campa de Brego a Deva (na ruta número 8). Este número 8 é ciclable case por completo.
    Sinto non poder axudarche máis, pero non andiven moito en bici por Ancares. O principal problema que lle vexo é a pouca ciclabilidade de moitos camiños e se están mollados inda peor polas rochas molladas.
    En canto ao galego, non te preocupes, o importante é intentalo. Se te atopas máis cómodo en castelán, tampouco hai problema.
    Se recordas, avísame dos tracks que publiques aquí da zona. E se queres preguntar algo máis, non te cortes.
    Un saúdo e disfrutar (sen caídas nin averías!!!)

  • Foto de Sherpa K

    Sherpa K 15-jun-2017

    Boa tarde Jose, grazas polas súas indicacións, se eu teño uns días para estar no campo e facer rutas per a zona , o problema é xegar a Cervantes representa un día de viaxe, e otro pre volver, eu teño que negociar coa familia, Grazas de novo.

    Keru

  • Foto de jose armesto

    jose armesto 19-jun-2017

    Sorte coa negociación!!!

Si quieres, puedes o esta ruta