-
-
1.933 m
1.099 m
0
3,4
6,9
13,75 km

Vista 1806 veces, descargada 69 veces

preto de Piornedo, Galicia (España)

Ruta para subir ao Mustallar sen que haxa que repetir todo o camiño de ida e volta. Sae de Piornedo polo camiño normal áo Mustallar pero ao chegar a un pequeno prado onde o camiño xira á esquerda, nós seguimos de fronte por unha senda que se interna nunha zona de árbores e logo por unha zona de rochas. Inda que é máis dificultosa que o camiño normal e necesita de máis coidado se hai moita humidade, compensa xa que é moito máis bonita que el.
Ao saír a Camparredonda xúntase co camiño normal e seguimos este atravesando a ponte tradicional, pasando xunto ás coviñas e chegando á Mallada de Piornedo (ou Cabana de Extremeños como se lle chamaba antes).
Seguimos cara ao Mustallar e ao chegar ao poste de cores do programa ERHIN hai que tomar a decisión de por onde subir ao Mustallar.
A primeira opción (a tomada neste caso) é seguir recto e subir ata a Golada do Porto e desde alí ata a cima. A subida ata a Golada faise por un camiño de todoterreno (de feito estaba alí o dos gardas da reserva). A subida desde a Golada ata a cima faise seguindo unha senda ben marcada e con poucas dificultades técnicas salvo o desnivel.
Nesta ruta seguimos cara ao Pico Lagos ou Pico Lanza e aquí é onde está a principal dificultade da ruta. Temos que pasar polo castelo rochoso que hai na cresta. Pode pasarse por riba ou pola dereita (neste sentido da marcha). CALQUERA DAS DÚAS OPCIÓNS É COMPLICADA E SE CONVIRTEN EN MOI PERIGOSAS CON TERREO HÚMIDO. A partir de aquí o camiño xa non ten dificultade. Seguimos a crista ata o Pico Lanza e desde alí á dereita ata completar o rodeo do circo. Distínguese moi ben onde hai que baixar da crista porque o camiño está excavado pola auga. Unha vez chegado ao fondo do val xa se volve a Piornedo polo camiño normal. Hai unha fonte pouco antes de chegar ao desvío que tomamos ao inicio da ruta.
Unha aclaración. No punto chamado na ruta "Desvío" (despois de baixar da crista e ao lado dun cercado de pedras) é máis recomendable non seguir o track senón seguir de fronte e logo á esquerda ata o poste de cores. Este tramo que vén no track pasa por zonas encharcadas e cunha pouca de maleza polo que merece a pena facer algo máis de camiño para evitalo.
A segunda opción para a subida ao Mustallar é facer o camiño ao revés. Neste caso sería inda moito máis recomendable non seguir o track despois da Mallada de Piornedo e seguir ata o poste de cores e alí xirar á dereita e logo outra vez á dereita ata ver o cercado de pedras do que falaba antes, xusto ao lado do waypoint "Desvío".
Na ruta Ancares 6 (enlace máis abaixo) os waypoints 12 e 13 son o cercado de pedras e o punto onde hai que baixar da crista. O waypoint 15 é onde hai que rodear o castelo de rochas perigoso.

Esta ruta servíu ademais para que Marcos (16 anos) subise aos picos máis altos de Lugo xunto co seu pai.
Feita en setembro de 2015 por Marcos, Jesús e Jose.

Outras rutas de Ancares:

1 De Piornedo a Pico Lanza por Vilarello,
2 Tres Bispos,Trapa,Brego e Cabanavella,
3 De Piornedo a Suárbol por Acevais
4 Circular Porto Ancares-Miravalles-Balouta
5 Circular Burbia-Vedual
6 Os tres cumes de Lugo
7 Da ponte de Vales a Brego
8 Club Ancares a Cela por Deva
9 Campa da Braña-Fieiró-Robledo
10 De Piornedo a Suárbol polo Chao Grande
11 A parroquia de Donís
12 Pereda-Miravalles-Pereda
13 Circular Campa da Braña a Piornedo
14 Faial de Pintinidoira
15 Degrada, Cela, Pando, Cabanas Antigas
16 Piornedo, Donís, Xantes e Vilarello
17 De Piornedo ao Mustallar e Pico Lagos
Espacio Natural Protegido Ancares-Courel
Cervantes
Espacio Natural Protegido Ancares-Courel
Espacio Natural Protegido Ancares-Courel

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta