Coordenadas 694

Fecha de subida 13 de junio de 2012

Fecha de realización febrero 2010

-
-
1.332 m
1.069 m
0
2,3
4,7
9,34 km

Vista 4969 veces, descargada 214 veces

preto de Piornedo, Galicia (España)

(Recomendo a variante case sen asfalto, inda que un pouco máis longa: De Piornedo a Suárbol polo Chao Grande. Descargando as 2 rutas en Google Earth, poderás comparar os percorridos).

Versión nova dunha ruta con algún problema feita hai 2 anos. Ruta moi boscosa que sae de Piornedo en dirección ao Mustallar. Chega a un pequeno prado onde collemos un desvío á esquerda, deixando a senda que segue ata o Mustallar á nosa dereita. Este camiño atravesa o bosque cargado de liques do Monte Acevais, en realidade unha parte do Penalonga. O camiño segue claro subindo suavemente ata que chega a un desvío cara a esquerda. Seguindo ese camiño, chegamos ao río da Veiga (que baixa desde Penalonga-Cuíña ata Suárbol) que hai que cruzar como se poida. O camiño continúa ata enlazar co que sube ata a braña de Suárbol desde o pobo, que é cara a onde nos diriximos. Ao chegar á estrada pódese seguir por ela pero é máis bonito inda que máis complicado baixar ata o pobo e tomar un camiño ancho de pedras que sae á esquerda da igrexa. Este camiño lévanos ata unha ponte de madeira que está semiderruída (atención!!) e sae á estrada de novo. O ideal é deixar a estrada canto antes e atravesar o bosque ("A senda grande"), dos máis fermosos de Ancares e con moitas rochas graníticas cubertas de musgo (arrastradas ata aquí por un dos glaciares que cubríu esta área ata hai 15000 anos). A estrada fai varias curvas moi pronunciadas polo que sairemos a ela unha vez máis ata que saímos do bosque xusto no límite entre Lugo e León e regresamos a Piornedo pola estrada. A saída desde o bosque á estrada, na parte alta, pode estar dificultada por vexetación. Este tramo da Senda Grande e a ponte en ruínas de Suárbol son os que fan que a ruta sexa Moderada. O resto pode considerarse Fácil. A versión 1.0 foi feita por Celia, Marcos, Xosé, Isabel, Jesús, Lucrecia, Lilo e Jose en febreiro de 2010. A versión 2.0 foi feita en xuño de 2012.

Outras rutas de Ancares:
1 De Piornedo a Pico Lanza por Vilarello,
2 Tres Bispos,Trapa,Brego e Cabanavella,
3 De Piornedo a Suárbol por Acevais
4 Circular Porto Ancares-Miravalles-Balouta
5 Circular Burbia-Vedual
6 Os tres cumes de Lugo
7 Da ponte de Vales a Brego
8 Club Ancares a Cela por Deva
9 Campa da Braña-Fieiró-Robledo
10 De Piornedo a Suárbol polo Chao Grande
11 A parroquia de Donís
12 Pereda-Miravalles-Pereda
13 Circular Campa da Braña a Piornedo
14 Faial de Pintinidoira
15 Degrada, Cela, Pando, Cabanas Antigas
16 Piornedo, Donís, Xantes e Vilarello
árbol

A Senda Grande

Fraga "élfica" como a definiu Xosé :-)
Sitio arqueolóxico

Capela de S. Lourenzo (Piornedo)

Esta capela marca o inicio do camiño ao Mustallar.
sendeirismo

Desvío cara o monte de Acevais

Neste pequeno prado deixamos o camiño ao Mustallar e xiramos á esquerda para entrar no bosque.
sendeirismo

Enlace coa variante

Unión entre a variante e o camiño seguido nesta ruta
Sitio arqueolóxico

Igrexa de Suárbol

sendeirismo

Ponte de madeira

Coidado sobre todo se está húmido. O can do hotel Piornedo que nos acompañou todo o camiño estivo un rato pensando se pasar por alí!!
árbol

Río da Veiga

13-JUN-12 15:59:57
sendeirismo

Variante

Sendeiro alternativo que enlaza máis adiante co seguido nesta ruta. Segue unha cota máis baixa

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta