-
-
1.788 m
1.122 m
0
6,0
12
24,07 km

Vista 83 veces, descargada 2 veces

preto de Cabanas Antiguas, Galicia (España)

Ruta circular a un dos picos máis coñecidos dos Ancares galegos, o Penarrubia.
O primeiro tramo coincide coa ruta tradicional a Tres Bispos, e é na campa situada ao final da pista forestal, ónde nos desviamos para ir cresteando cara o Penarrubia.
A ruta carece de dificultade técnica, salvo na parte final da ascensión ao pico e só si esta se fai en inverno, posto que ten tendencia a crear capas de xeo. A calificación de dificultade moderada ven dada pola kilometraxe, que pode reducirse facilmente en caso de necesidade, igual que o desnivel si se coñece a zona.
A volta farémola, inicialmente, pola pista forestal que se ve dende a cima do Pena Rubia, polo que baixaremos en dirección a O Portelo, a campa da Golada da Braña Nova será a nosa referencia visual.
Unha vez na pista, no cruce tomamos a dirección de volta que sae a dereita e imos descendendo suavemente cara a lagoa de Forrón, que no verán podemos atravesar, posto que lamentablemente estará seco. Pasada a lagoa, seguiremos o sendeiro ata campa de Brego e dende alí, xa por pista ata Degrada por calquera das dúas posibles alternativas xa sinaladas (3 Bispos ou Cabana Vella).
Situada ao sur do 3 Bispos. Seguimos na mesma cota en dirección a Golada da Trapa, un dos pasos tradicionais que comunica os Ancares galegos e leoneses.
A esquerda, aparece o sendeiro que se usa, habitualmente na ascensión o 3 Bispos, dende a parte leonesa.
Este é un dos pasos tradicionais entre a parte galega e a leonesa dos Ancares. A esquerda baixada ao val de Porcarizas A dereita seguimos cresteando
Subindo de frente
A esquerda baixada ao val de Teixeira
Zona complicada en inverno con xeo
Placa do clube montañeiros Pena Trevinca
Cima do Penarrubia
Golada de Braña Nova A esquerda dirección O Portelo. A dereita dirección campa de Brego
Subindo a dereita vaise a golada de Cardiadelos. Baixando vaise a campa de Brego
Chozo situado na campa de Brego
Refuxio situado na campa de Brego.
Neste punto, en caso de necesidade, podemos recortar a lonxitude e dificultade da ruta. Si collemos o sendeiro que sae a dereita, subindo lixeiramente chegaremos a campa situada na falda do 3 Bispos e dende alí e sen case desnivel, chegamos ao punto de partida pola pista forestal pola que iniciamos a ruta. Recortar a ruta, neste punto, impediranos ver un dos bosques máis fermoso de Ancares, o situado en Cabana Vella

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta