Tempo  5 horas 41 minutos

Coordenadas 1406

Fecha de subida 13 de febrero de 2011

Fecha de realización febrero 2011

-
-
1.759 m
850 m
0
4,4
8,8
17,53 km

Vista 7856 veces, descargada 325 veces

preto de Burbia, Castilla y León (España)

Traducción / Translation / Traduction: oajmer@gmail.com

Ruta que sae do albergue-camping de Burbia, nos Ancares leoneses. Atravésase o pobo cara a estrada e no centro cóllese o desvío indicado "Campo del Agua". Este é un camiño ancho e sen complicacións que atravesa o río Burbia e ten postes indicadores de "La mirada circular", unha serie de camiños do Bierzo. Este tramo en concreto é da ruta "La senda de las brañas". Despois de 2 km desde a saída chegamos á indicación "As Algueiras-Campo del Agua" (punto 01) que seguimos. A partir de aquí comeza a subida que nos levará uns 5 km. No punto 02 abandonamos "La senda de las brañas" e xiramos á dereita para continuar subindo. No punto 04 deixamos a pista e metémonos cara á ladeira para chegar á crista (05). Este tramo é algo complicado xa que hai vexetación, inda que baixa (uces e carqueixas) e sempre hai unha zona máis ou menos clara pola que seguir. Outra opción podería ser tomar a crista desde o punto 03 ata o 05, pero non podo confirmar que sexa mellor.
A partir do punto 05 a subida é algo máis cómoda xa que a vexetación é inda máis baixa. Pasa por un par de fitos e por A Penouta, cunha fermosa vista do val de Burbia.
Durante todo este tramo (desde o punto 02) podemos ver o cumio do Vedual ou Navalegas que se distingue ben porque ten unha pequena caseta de vixiancia.
Desde o Vedual podemos ver toda a crista principal dos Ancares, desde o Penarrubia ata o Miravalles.
A baixada faise pola crista, primeiro por unha pista e logo por unha senda entre as uces.
Logo duns 2 km, xusto antes de chegar ao pico Campolongo, podemos empezar a baixar de novo cara ao val de Burbia.
O punto 09 (Baixada alternativa) é un camiño de baixada que non atopei no terreo pero que pode ser unha opción á ruta que seguín xa que desde o punto 10 ata o 13 non hai camiño. Hai primeiro unha zona de herba, logo xestas que dificultan bastante, a continuación rochas que poden ser esvaradizas se están húmidas e por fin unha zona de árbores (carballos e bidueiras) pola que se avanza bastante mellor. En total desde a crista ata o camiño é 1 km campo a través.
O camiño é moi ancho e sen complicacións, tan só un par de zonas de xestas pero que só molestan un pouco. Este camiño non vén no mapa topográfico!!! a pesar da súa amplitude (2-3m). Atravesa zonas de bosque, carballos, bidueiras, acivros, abelairas, ... e únese na parte final ao camiño que sube ata a Murteira/Lagos de Burbia (ou Camiño dos galegos) e logo ao Camiño de Piornedo xa no val.
A baixada desde a crista son en total outros 5 km.
Desde aquí xa só quedan algo máis de 2 km para chegar ao albergue-camping.
Considero a dificultade moderada pola lonxitude e polas 2 zonas de fóra de camiño.
Feito en febreiro de 2011 coa estupenda compaña do can do albergue (do que non sei o nome).

Outras rutas de Ancares:
1 De Piornedo a Pico Lanza por Vilarello,
2 Tres Bispos,Trapa,Brego e Cabanavella,
3 De Piornedo a Suárbol por Acevais
4 Circular Porto Ancares-Miravalles-Balouta
5 Circular Burbia-Vedual
6 Os tres cumes de Lugo
7 Da ponte de Vales a Brego
8 Club Ancares a Cela por Deva
9 Campa da Braña-Fieiró-Robledo
10 De Piornedo a Suárbol polo Chao Grande
11 A parroquia de Donís
12 Pereda-Miravalles-Pereda
13 Circular Campa da Braña a Piornedo
14 Faial de Pintinidoira
15 Degrada, Cela, Pando, Cabanas Antigas
16 Piornedo, Donís, Xantes e Vilarello
sendeirismo

01 Desvío As Algueiras-Campo del Agua

10-FEB-11 12:35:19
sendeirismo

02 Abandono ruta As Algueiras-Campo del Agua

10-FEB-11 12:45:15
sendeirismo

03 ¿?

Sendero
sendeirismo

04 Abandono da pista

10-FEB-11 13:10:27
sendeirismo

05 Crista

10-FEB-11 13:31:26
sendeirismo

06 Fitos

10-FEB-11 13:41:58
panoramica

07 A Penouta

10-FEB-11 14:04:29
cima

08 Pico Vedual ou Navalegas

10-FEB-11 15:02:06
sendeirismo

09 Baixada alternativa

Los Ancares
sendeirismo

10 Inicio baixada

10-FEB-11 15:46:50
sendeirismo

11 Rochas

10-FEB-11 16:06:43
árbol

12 Árbores

10-FEB-11 16:11:05
sendeirismo

13 Camiño

10-FEB-11 16:23:00
sendeirismo

14 Desvío á esquerda

10-FEB-11 17:13:12
sendeirismo

15 Enlace co camiño dos Lagos

10-FEB-11 17:16:09
sendeirismo

16 Ponte río Burbia

10-FEB-11 17:23:52
sendeirismo

17 Enlace co camiño de Piornedo

10-FEB-11 17:26:41
fuente

18 Fonte

10-FEB-11 17:34:35

5 comentarios

  • Foto de Íñigo

    Íñigo 02-nov-2015

    Hola,
    Muchas gracias por colgar todas tus rutas.
    Quería informaros que a día de hoy el ascenso al Vedual desde el punto 04, si bien se ve el inicio del camino, está absolutamente cerrado por brezo y retama y es completamente impracticable.
    Saludos.

  • Foto de jose armesto

    jose armesto 03-nov-2015

    Gracias por la actualización. Habrá que buscar una alternativa.
    un saludo

  • Foto de Íñigo

    Íñigo 03-nov-2015

    Creo que se puede acceder desde la pista que viene del Campo del Agua
    Saludos

  • NickG 07-dic-2016

    Hicimos esta ruta el día 6 de diciembre de 2016. Del 04 hasta el Vedual se pasa con gran dificultad, prácticamente sin camino. La parte inicial de esa subida es especialmente dura. En la bajada hay tramos del camino que están de muy dificil paso por la vegetación. En el pueblo nos han hecho saber que ya no se limpia ese camino (camino de la murteira) para dejarlo como zona para los osos. Si es así será mejor no hacer esta ruta. Aunque también podría ser porque no se dedican fondos a su limpieza. No hemos podido confirmar la razón.

  • Foto de jose armesto

    jose armesto 08-dic-2016

    Vaya, siento los problemas. Yo no he vuelto por allí desde que la grabé (hace 5 años). La subida desde 04 se hacía sin muchos problemas en aquel momento aunque no hubiera camino, aparte de la dureza del desnivel... Lo de la bajada no tenía ni idea, pero bueno, si es por los osos.....
    Saludos

Si quieres, puedes o esta ruta