Tempo  3 horas 54 minutos

Coordenadas 872

Fecha de subida 14 de septiembre de 2012

Fecha de realización septiembre 2012

-
-
1.475 m
781 m
0
4,2
8,4
16,81 km

Vista 2133 veces, descargada 37 veces

preto de Cabanas Antiguas, Galicia (España)

A ruta sae do Refuxio do Club Ancares, baixa ata Cabanavella e segue ata Campa de Brego. Esta campa hai que atravesala como se poida, pode estar moi enchoupada. A continuación segue o camiño a Deva que está empezando a ser ocupado pola vexetación (xestas) inda que de momento non impide o avance.
Logo de Deva o camiño baixa para subir máis adiante ata a estrada. O último tramo da subida á estrada está moi tapado por vexetación, polo que é moi recomendable saír de Deva directamente pola estrada. Un pouco máis adiante, na Golada das Cruces, abandónase a estrada por un camiño ancho que baixa ata o río das Cales e logo sube ata Cela onde acaba o percorrido na estrada Doiras-Piornedo. Nuns 4-5 km pola estrada chegamos ao punto de inicio no caso de non ter coche en Cela.
Feita en Setembro de 2012.

Outras rutas de Ancares:
1 De Piornedo a Pico Lanza por Vilarello,
2 Tres Bispos,Trapa,Brego e Cabanavella,
3 De Piornedo a Suárbol por Acevais
4 Circular Porto Ancares-Miravalles-Balouta
5 Circular Burbia-Vedual
6 Os tres cumes de Lugo
7 Da ponte de Vales a Brego
8 Club Ancares a Cela por Deva
9 Campa da Braña-Fieiró-Robledo
10 De Piornedo a Suárbol polo Chao Grande
11 A parroquia de Donís
12 Pereda-Miravalles-Pereda
13 Circular Campa da Braña a Piornedo
14 Faial de Pintinidoira
15 Degrada, Cela, Pando, Cabanas Antigas
16 Piornedo, Donís, Xantes e Vilarello
13-SEP-12 12:18:17
13-SEP-12 12:28:37
13-SEP-12 13:11:16
13-SEP-12 13:18:02
13-SEP-12 14:13:37

6 comentarios

  • Foto de Marinedu

    Marinedu 26-sep-2012

    Esto foi en bici?. Será parte da ruta "La Oficina en los Ancares"?

  • Foto de jose armesto

    jose armesto 27-sep-2012

    Ola Marin, si que foi en bici (sufrindo bastante) pero en principio non o meterei na ruta. Xa iremos vendo...

  • xanseoane 29-abr-2013

    Saúdos!
    Tendes unha alterntaiva moi interesante para facer a ruta circular: facer a saída de Deva por asfalto e coller o único camiño que sube a dereita (como 1km máis abaixo da aldea). Seguindo esta senda cruzaredes o río da Vara onde se lle une o regato que baixa de Cabana Vella. Dende ahí, camiño ata Cabanas Antigas e xa por pista asfaltada ata Degrada.
    Fixen este percorrido, en dirección contraria, onte; lástima que a batería do teléfono esgotouse antes de chegar a Deva e non teño o track completo (busca Circular dó Pando).

  • Foto de jose armesto

    jose armesto 29-abr-2013

    grazas,
    intentareino algún día, nunca fixen ese camiño Deva-Cabanas Antigas pero se o camiño do bosque está ben seguro que merece moito a pena. Sorte coa batería para a próxima vez :-)

    Outra alternativa sería desde Cela a Degrada por un camiño que vai paralelo á estrada por abaixo dela. Tamén queda pendente.
    un saúdo

  • xanseoane 30-abr-2013

    Saúdos!
    Enlace a parte da ruta que che comentaba (a que puden gardar antes de que se esgotase a batería). Chega ata o barrio de abaixo da aldea de Deva.
    http://gl.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=4388576

    Non sei si esta é maneira correcta de pasarcho, pero non se me ocurriu outra. Son novo nisto do wikiloc e o gps.

    O percorrido entre Cabanas Antigas e Pando é alucinante! Pasas por un bosque cheo de acivros.

    Atención!
    Tes que cruzar o río da Vara no punto onde se lle une o regueiro do Barcal. Puxen uns marcos con pedras (a marca típica das 3 pedras dos sendeiros) por onde atopei o mellor xeito de cruzar. Referencias:
    1º cruzar o regueiro do Barcal en dirección o prado, pero sin entrar nel
    2º subir uns metros río da Vara arriba, pegado ó pequeno muro do prado
    3º cruzar e remontar o río da Vara pegado o cauce

    Todos estes pasos están sinalados con marcos de pedra ata o waipoint que marquéi como Desvío (dereita e subindo cara o Pando, esquerda e baixando cruzamos novamente o río da Vara para ir a Cabana Vella ou a Golada da Vara)

    Espero que te animes a facer esta variante, porque merece a pena.
    Eu vou voltar para estudiar algunhas alternativas que atopei polo camiño:
    - desvío que creo que vai percorrendo toda a falda norte do Pando en dirección Golada da Vara
    - desvío que crestea a maior parte do Pando entre a aldea do Pando e Golada da Vara

    Si te animas a facer esta alternativa, xa me dirás que che parece y si atopaches os marcos facilmente.

    Veña, vémonos no monte!

  • Foto de jose armesto

    jose armesto 30-abr-2013

    Supoño que con todas as indicacións non debería haber problema. Cando teña tempo de facela xa che contarei como me foi.
    Moitas grazas e boas camiñadas!

Si quieres, puedes o esta ruta