Coordenadas 3149

Fecha de subida 30 de noviembre de 2018

Fecha de realización noviembre 2018

-
-
186 m
24 m
0
4,9
9,8
19,51 km

Vista 114 veces, descargada 7 veces

preto de Canedo, Galicia (España)

Ponteareas ten unha serie de rutas para poder camiñar por elas. Nós escollemos esta vez unha parte da senda fluvial do Río Tea. Percorrémolo polas dúas marxes.

Partimos de diante da gasolineira existente na estrada N120, preto da estación de autobuses e ao lado do Bar Vide, onde imos xantar ao finalizar o percorrido.

Dirixímonos cara o centro da cidade, ata acadar a Ponte dos Remedios. Aquí empezamos o paseo fluvial. Desviámonos despois de pasar a Ponte das Partidas e a súa praia fluvial.

Agora temos uns poucos quilómetros de subida por estradas rurais con moi pouco tráfico, ata chegar ao lugar de Peneda en Cristiñade.

A partir de aquí, despois da área de lecer de Cristiñade, iniciamos a baixada polo sendeiro de pequeno recorrido (PRG 163) roteiro dos Montes de Cristiñade, que transcorre pola beira do regato de Maceiras.

Agora por camiños sombríos rodeados de arboredo autóctono, algún que outro piñeiro e tamén non podía faltar o eucalipto, chegamos a outra beira do río, que percorremos ata o inicio de esta bonita ruta no Bar Vide, para, despois de case 20 quilómetros, repoñer forzas con un bo xantar.

Temos que resaltar a boa atención, o bo servizo e a excelente calidade dos produtos que ofrece este bar.

Tempo en movemento: 4 horas 50 minutos, con unha media de 4 quilómetros hora.
O Calvario das Cachadas é unn dos máis importantes e significativos de Ponteareas. Esta obra de arte foi constrruída polo Mestre Cerviño a finais do século XIX.
Praia fluvial duns 30 metros de longo e 10 de ancho no río Tea, á beira da ponte das Partidas, que dá gran encanto ó conxunto
O río Tea é o eixo vertebrador do territorio onde se asenta o concello de Ponteareas. As súas beiras foron sempre lugar de especial atractivo para as xentes de Ponteareas. É un curso fluvial que nace nas Serras do Suído e desemboca no río Miño no concello de Salvaterra de Miño. Hai que destacar que este río forma parte da “Rede Natura 2000” da Unión Europea, que destaca os principais enclaves con valor ecolóxico e ambiental. Entre a súa fauna destacan as especies migratorias como o salmón, a lamprea ou a anguía. Entre a fauna asociada non é difícil observar o paso do picapeixe, do merlo reiro, do azor, do gavilán, ou mesmo a nutria. Destacan nas súas beiras diversas variedades de árbores: especialmente os alisos, moi estendidos, así como o bidueiro, saúco, fresno, carballo, castiñeiro, etc. Sobre o río sitúanse dúas importantes pontes: o dos Remedios e a das Partidas.
Sendeiro do Río Tea: Senda duns 15 km que parte da ponte medieval dos Remedios e finaliza tras pasar a ponte medieval de Fillaboa, no municipio de Salvaterra de Miño. Diversas pasarelas de madeira permiten o paso nas zonas de maior desnivel, aínda que é necesario mellorar o seu mantemento. Ao longo de todo o percorrido pódese gozar do ecosistema do río Tea así como de diversas praias fluviais e áreas recreativas

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta