-
-
532 m
344 m
0
2,2
4,5
8,95 km

Vista 203 veces, descargada 9 veces

preto de Padreiro, Galicia (España)

Ruta circular no entorno de San Salvador, o monte Varilongo e a súa Mina.
A concentración para a saida realizase no entorno da Igrexa Parroquial e a praza onde hai zona de aparcamento, de espacemento e deportiva.
Iniciase a ruta adentrándose entre as casas, deixando a pista deportiva a man esquerda, circulando durante uns 300 m por pista asfaltada entre as casas.
Ao chegar a unha casa con muro de formigón a esquerda da marcha, xiramos á dereita entre as casas, rodeando unha de pedra restaurada, que nos queda á man esquerda.
despois desa cas xa chega o camiño de terra, primeiro costa abaixo en dirección a un lavadero( quedará á esquerda no sentido da marcha), e logo comezamos unha ascensión por camiño en aceptable estado.
Cando se chega á intersección, a marcha continuará de frente nunha pequena baixada ata un cruce ( zona con formigón ao aire). Ahí colleremos á esquerda para iniciar a ascensión por un cortalumes zizagueante, duns 700 metros, ata chegar a outra intersección que enlaza cun gran cortalumes á man dereita. Ascendemos de maneira contante por ese camiño (durante uns 800 m), ata unha interesección, onde a marcha continuará DE FRENTE, ata coronar o alto da Mina.
Nese lugar, disfrutaremos de magníficas vistas, sobre todo cara a nosa dereita, vendo todo o enclave mineiro. Inciarase un descenso por un camiño pedregoso, sempre coa mina á nosa dereita, ata chegar á pista que leva ao lugar de Varilongo. Nesa intersección, a ruta xira á dereita e, logo duns 150 metros de asfalto chegarase a unha pequena explanada á esquerda ( a dereita hai un acceso a pé para o recinto da mina).
Nesa explanada pode producirse un reagupamento, para xuntar aos camiñantes, e poder acceder, CON MOITA PRECAUCIÓN, por un camiño á esquerda en baixada ata á boca dunha galería. A estra é estreita, accesible de un en un, e pola galería pódense avanzar uns 80 metros ata unha zonana que se veo ceo por unha fenda na montaña. NON SE RECOMENDA ADENTRARSE MÁIS.sairemos pola mesma entrada, ata a explanada, e ahí colleremos o camiño polo que chegamos, agora á dereita. Na inersección xiramos á esquerda e agora subimos, coa mina á nosa esquerda. uns 150 metros despois de pasar polas torres de vixilancia (á esquerda), seguimos recto ata a intersección.
NESE PUNTO INÍCIASE A BAIXADA Á ESQUERDA CARA SAN SALVADO. A primeira parte da baixada ten certa dificultade, polas pedras e o desnivel. hai unha zona intermendia, con menos pedra e desnivel, e unha vez superada, volmen as pedras durante un tramo duns 100 metros.
A partir de ahí camiño cómodo en baixada e chan, ata San Salvador, seguindo á esquerda nunha intersección que nos encontraremos( Cun Portalón de madeira á dereita).
Desde ahi, 200 metros ata a estrada da mina, xa en San Salvador, na que xiraremos á dereita ata a igrexa parroquial.
Na zona tamén se atopa algún lugar para tomar un refrixerio.
Parquing

Saída

Fuente

LAVADOIRO E FONTE

Intersección

INTERSECCIÓN PARA DIRIRIRSE AOS CORTALUMES

Panoramica

INICIO ASCENSO

Panoramica

DIRECCIÓN MINA

Panoramica

INTERSECCIÓN (CONTINUAR DE FRENTE CARA A MINA)

Cima

FINAL ASCENSO

Mina

ANTIGA ZONA VIXILANCIA MINA

Mina

ZONA ALTA MINA DE VARILONGO

Panoramica

XONA DE REAGRUPAMENTO

Mina

GALERÍA ACCESIBLE

Mina

MINA DE VARILONGO

Mina

ANTIGOS EDIFICIOS DA MINA DE VARILONGO(non accesibles sin permiso)

Intersección

INICIO VOLTA

Panoramica

INICIO DESCENSO

Risco

ZONA TÉCNICA ( moita pedra)

Risco

ZONA TÉCNICA 2 ( moita pedra)

Intersección

INTERSECCIÓN ESTRADA DA MINA ( coller cara a dereita para chegar ao final)

Picnic

FINAL DA ANDAINA

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta