-
-
390 m
312 m
0
3,3
6,6
13,14 km

Vista 232 veces, descargada 11 veces

preto de Santa Comba, Galicia (España)

Andaina circular, de 13 km, no entorno da capital municipal de Santa Comba. A primeira parte da andaina discurre por camiños sen grande dificultade, rodeados de ábores, moitos deles autóctonos. Aproximadamente entre os km 7-9 chégase á Zona da Xesteira. Primeiro atravésase a ponte da antiga presa, e circúndanse as instalacións da central eléctrica, para chegar a un sendeiro máxico, rodeado de carballos, co Río Xallas fluindo á nosa dereita.Esta zona é única na comarca. O final do camiño, chégase á confluencia coa estrada Santa comba Baio. Durante 800 metros aproximadamente, atravesas o lugar da Ponte, para, cando chegas ó sinal de remate de lugar, coller de novo á dereita, e adentranse pour un camiños limpos e anchos nos campos da ponte ata cruzarse de novo co río, nesta zona coñecido como o río "das Dornas", crúzase o río por unha pequena baixadiña ( apoiarse nas pedras para superalo), e chegase a unha zona de praderas pola que se bordea a Depuradora, ata chegar de novo ó camiño. Cóllese á esquerda, en dirección Guisande ata atravesalo e chegaer á estrada. Crúzase a estrada, e uns 50 metros cara arriba, colles un cruce á esquerda que se adentra no lugar de Guisande, ata rematar as casas e meterse nun camiño en bo estado, con vexetación autóctona, camiño que nos leva ata as Cerdeiras, ( no cruce onde atopamos a estrada, vése de frente a gasolinera, pero non hai que chegar ata a estrada de Muros). Nas Cerdeiras, xiramos á esquerda, en dirección ao centro médico por unha pista en bo estado. No Centro médico, collemos a rúa Lugo, para subir logo pola Carmen Santiso ata á estada xeral, na avenida Alfonso Molina. Ahí, á dereita, ata a finalización da andaina, no Centro de Cultura.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta