-
-
448 m
341 m
0
3,4
6,9
13,72 km

Vista 362 veces, descargada 6 veces

preto de Bazar, Galicia (España)

Esta andaina une de maneira lineal dous puntos de gran interese paisaxístico e natural da zona máis ó norte e montañosa do Concello de Santa Comba.
O camiñante buscará as Fontes do río Xallas, onde as augas dos regatos do seu nacemento na falda do Monte Castelo se van xuntando para ir collendo forza e baixar, primeiro cara as terras de Bazar, e logo cara a parroquia de Castriz.
O camiño comezará na histórica Escola de Bazar, centro de difusión cultural e social da parroquia, para ir baixando cara o lugar da Castiñeira, onde empezamos a ver as formas do Río Xallas, cun fermoso percorrido, que forma unha toxa natural, entre as pontes do lugar. Desde Castiñeira empezaremos a subir cara a dereita, para ir buscando un herbal, con plantación, na que escoitaremos e poderemos ver as primeiras augas dun Xallas, que comeza a verter desde o monte Castelo, nun espazo de monte, apenas a 200 metros en liña recta, pero inaccesible, de momento.
Logo de sair do herbal, tomaremos a pista que nos encontramos á esquerda, para descubrir, logo duns 200m cun conxunto de mámoas significativas, verémiolas á dereita, colocadas en forma de forno, coñecida como "Pedra Fornalla", megalito aparentemente non catalogado. Despois de superar a Pedra Fornalla, dirixirémonos en liña recta cara a estrada AC- 400. Nese cruce, xiraremos primeiro á esquerda, para logo coller o primeiro cruce á dereita, para segir pola falda do monte Castelo superando unha pequena costa, iniciaremos a baixada e poderemos visualizar si miramos á dereita, o Centro de estudio de Aves Rapaces. Despois dunha baixada duns 300m, xiraremos á esquerda en dirección ao cemiterio novo de Bazar, onde conectaremos coa pista que dirixe ó Lugar de Boimente. Logo de 300m de pista asfaltada, xiraremos de novo á dereita para avanzar monte arriba co Xallas á nosa esquerda (a 50m deste xiro, hai un muiño de río, arreglado). Por este camiño borderamos un precioso espazo, ó lado do río, preto de Boimente, e segiremos avanzando por camiños con árbores que sombrean o noso paso, en plena naturaleza á dereita e a esquerda.
Logo de 2 km de marcha, atoparemos un camiño á esquerda que se dirixe cara o lugar de Frieiro, ó que non chegaremos, porque a 800m xiraremos a dereita para coller un precioso camiño que nos levará á Escola vell de Castriz. A 50 m da Escola, xiraremos á dereita e xa colleremos as pistas, arregladas recentemente, que nos dirixirán, pola esquerda cara o espazo da Fervenza de Castriz.
Nesta zona pouco coñecida ata o momento, no Río Mira, afluente do Xallas preto do seu nacemento; na parroquia de Castriz descubrimos este maravilloso salto natural de augas, duns 8 metros de altura.
Nesa zona, o Concello de Santa Comba recuperou e rehabilitou 5 dos 7 muiños de auga da zona, que teñen unha antigüidade duns 300 anos. Ademais, recuperouse unha contorna natural singular, e habilitouse como área de tempo libre con merendeiro, mesas e grelladas. Unha xoia natural oculta durrante moito tempo, que agora loce con esplendor.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta