• Foto de ANDAINA COÑECE O TEU CONCELLO 'TRAMO MEDIO DO RÍO XALLAS'- DE ESMORODE´ AOS MUIÑOS DA PEREIRA

Coordenadas 410

Fecha de subida 17 de enero de 2018

  • Valoración

  • Información

  • Fácil de seguir

  • Entorno

-
-
341 m
304 m
0
2,6
5,1
10,3 km

Vista 299 veces, descargada 5 veces

preto de Esmorode, Galicia (España)

Esta ruta non sería posible sin o coidado que teñen por este treito do Xallas os nosos pescadores, dado que unha boa parte do camiño transcurre polas beiras que se utilizan para ir á búsqueda das ricas troitas do Xallas.
Sairemos desde Esmorode ( na Taberna que hai antes do cruce indicativo cara a Praia Fluvial), indicación que seguiremos. Primeiro faremos uns 800 metros de quencemento a travéns dalgúns dos camiños que levan desde Esmorode ata a Praia Fluvial.
Xa neste enclave natural logo de cruzar a ponte, seguiremos o camiño á esquerda, que pasa polo aparcamento da Área recreativa. Cando remata este camiño, atoparémonos cunha pequena senda que se direxe directamente ao río. Cando cheguemos ó seu cauce, descubriremos un pequena sendeiro á dereita que avanza de par do río, fácil de camiñar e con pequenas pontes (seguramente habilitadas polos propios pescadores) que nos permiten superar pequenos regatos.
Co Xallas á nosa esquerda, avanzamos ata a coñecida como Présa do Outeiro, salto de auga, que en inverno loce salvaxe e caudaloso. Continuaremos a nosa marcha ata a Ponte de Tapia, que nos permitirá atravesar o río para dirixirnos ata outro precioso enclave, os muiños da Pereira.
Para chegar ata eles, atravesaremos o lugar de Tapia, ata as últimas casas, e colleremos un camiño á dereita que nos volve a adentrar no monte. Logo duns 400m, cambiaremos á esquerda para un camiño estreito pero rodeado de árbores, que irá baixando ata préto da Ponte Vella da Pereira, sempre coa ruta cara á esquerda.
Na Ponte Vella da Pereira atoparémonos cun deses enclaves que son dignos de visitar. Trátase dunha área recreativa con muiños de río, rehabilitada recentemente.
Despois de facer un pequeno alto no camiño, retomaremos a ruta xirando á dereita na pista ó lado da nave de Galipulpo. Iremos enlazando camiños ata superar o lugar do Outeiro, e pouco despois, superada a zona da présa, volverémonos a achegar ao río, agora na outra marxe, e logo de bordear de novo o río, irémonos achegando Esmorode, para rematar no punto de partida.

2 comentarios

  • MonseP 31-ene-2018

    Me rechifló

  • MonseP 31-ene-2018

    He realizado esta ruta  ver detalle

    Me rechifló

Si quieres, puedes o esta ruta