Sé el primero en aplaudir
Vista 409 veces, descargada 15 veces
preto de Montederramo, Galicia (España)
Primeira andaina (esperemos que non sexa a última! ;-)) organizada pola Asociación Ladeiras do San Mamede ao bidueiral normalmente coñecido coma de Montederramo. Comezamos ás 9:30, en Montederramo, cun estupendo almorzo no bar O Bodegón, cargando enerxía pura coa bica manteigada da panadaría Vilanova. O día está neboento pero non frío. Saímos pola estrada que vai para as terras de Chandrexa e logo apartamos cara a área de lecer de Ponte Mazaira (ou da Palloza?). Sempre guiados por Pepe, un admirable gandeiro-resistente local, dirixímonos cara Vilanova onde collemos pola dereita sempre por camiños e pistas cara o lugarexo de Fontedoso. Continúa logo a camiñada cara zonas máis altas ata chegar á área de lecer de Campo do Casar. Avituallamento e comezamos a baixada. Asoma timidamente o sol pero non se decide. Na volta atravesamos o núcleo de Gabín e por un anaco de estrada, chegamos a Vilanova para retomar o camiño inicial. Parada para apañar cogordos-choupís-patamelas-chouparros... (ou calquera dos outros nomes que en Galicia lles damos ás Lepiotas).
Xa só queda dar conta (ata onde cadaquén pode) do memorable xantar que nos serve o restauranta Elvira: empanda, callos, e perna de vitela asada; todo da gandeiría ecolóxica do Pepe. Unha delicia! Por suposto de sobremesa a bica manteigada. Sabores de sempre e degustado no que foi un mosteiro... Quedaba logo tomar os cafés no Álvarez, pero o tempo xa non daba pois había que visitar a monumental igrexa do antigo convento (preguntar na oficina de Turismo, no Concello).
Foi mágoa que o día non axudase para poder gozar das paisaxes da zona (persoalmente coñecidas). A organización perfecta. Espero que continúe a iniciativa da andaina e que, co boca a boca, acuda máis xente, e tan agradable coma a que tomou parte nesta edición de estrea. Parabéns para @s organizadores!
Ruínas do chalé e finca do Reverter...
Picnic
Área de lecer do Campo do Casar
Neste pundo hai que deixar a pista e coller un camiño de baixada.
Fuente
Igrexa e fonte. Gabín
J BM 6 jun. 2020
He realizado esta ruta verificado Ver más
Información
Fácil de seguir
Entorno
Fácil
Lástima que había mucha niebla que impedía contemplar el paisaje.
Bastantes kilómetros por pistas asfaltadas
Volveré en otoño