Coordenadas 3323

Fecha de subida 22 de abril de 2018

Fecha de realización abril 2018

-
-
745 m
331 m
0
5,7
11
22,77 km

Vista 115 veces, descargada 3 veces

preto de Amoroce, Galicia (España)

Aproveitando o trazado da II Andaina de Celanova, organizada polo Concello o ano pasado, fixemos nos esta. Iniciámola no Castro de Castromao, situado a unha altitude de 732 m.

Continuamos por pistas e camiños cruzando o lugar de Arrabalde, atopándonos con algunha que outra carballeira moi poboadas. Agora sempre costa abaixo, chegamos a Pontegrande onde se atopa unha área de lecer con un paseo perfectamente coidado pola beira do río Arnoia.

Abandonamos o río, agora toca subida ata Vilanova dos Infantes entre veigas e piñeiros. Atopámonos a torre medieval, non podendo subir a ela por estar fora do horario estipulado.
Uns paseos polo pobo para desfrutar dos seus recunchos.

Agora, ata Celanova, quedan un par de quilómetros de costa arriba que nos leva a xantar no mesón O Forno.

Pola tarde, despois de visitar o mosteiro de San Salvador, continuamos a ruta. O primeiro que nos atopamos é unha cruz de pedra con altar, que nos proporciona unhas bonitas vistas da cidade.

Unha nova pendente nos leva a Coelia Nova, unha réplica do poboado castrexo.

E xa ao lado atópanse os restos do castro de Castromao, onde pola mañá iniciamos esta bonita ruta.

Apenas ten asfalto. Os camiños están perfectos para senderealos. É unha delicia pasar polos carreiros que cruzan as carballeiras que atopamos.

Tempo en movemento 6 horas 17 minutos, con unha media de 3,6 quilómetros hora.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta