-
-
313 m
194 m
0
2,1
4,1
8,21 km

Vista 48 veces, descargada 1 veces

preto de Conxo, Galicia (España)

RUTA POLO RIO SAR
Comezamos a andaina na Cidade da Cultura cunha xeitosa vista panorámica da cidade de Santiago de Compostela. Baixaremos cara ao rio Sar, ao que acompañaremos ata a desembocadura do seu afluente, o rio Sarela.
O rio Sar nace en Bando e despois de 41 km desemboca no rio Ulla pasando polos concellos de Santiago, Ames e Brión. No comezo do noso percorrido contemplaremos as Brañas do Sar, un espazo dunhas 33 hectáreas de terras parcialmente asolagadas que regulan as crecidas do rio e permiten o desenvolvemento de gandería e agricultura de gran calidade.
Tamén veremos a ponte do Sar, construción románica do século XII que polo seu tamaño evidencia un maior fluxo de auga en tempos antigos. Xunto a esta ponte atópase a Colexiata do Sar, un emblemático edificio con gran importancia na historia da cidade.
Pasaremos polo Parque Eugenio Granell, xunto ao barrio de Ponte Pedriña, ata un túnel polo que cruzaremos as vías do tren e xa no barrio de Conxo bordearemos o Hospital Psiquiátrico e atoparemos o lugar onde se celebrou o famoso Banquete de Conxo, reunión “subversiva” de gran repercusión que se celebrou o 2 de Marzo de 1856.
Posteriormente entraremos nun túnel da primeira liña férrea de Galicia que unía Santiago e Carril no século pasado. Inaugurouse o 15 de Setembro de 1873 e desde entón moitos santiagueses desprazábanse ás praias con gran comodidade. Hai anos quedo sen servizo ao facer un túnel por onde pasan actualmente os trens que se dirixen a Vigo.
Rematamos a andaina no aliviadero de Conxo despois dun pequeno percorrido urbano na rua torrente.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta