Descargar

Lonxitude

16,83 km

Desnivel positivo

383 m

Dificultade técnica

Moderado

Desnivel negativo

384 m

Altitud máxima

521 m

Trailrank

25

Altitud mínima

202 m

Tipo de ruta

Solo ida
  • Foto de Andaina Rio Alvarellos
  • Foto de Andaina Rio Alvarellos
  • Foto de Andaina Rio Alvarellos
  • Foto de Andaina Rio Alvarellos
  • Foto de Saida,
  • Foto de Fin de ruta

Coordenadas

282

Fecha de subida

5 de abril de 2018
Sé el primero en aplaudir
Compartir
-
-
521 m
202 m
16,83 km

Vista 389 veces, descargada 5 veces

preto de Pedriña, Galicia (España)

Ruta circular que percorrerá case na súa totalidade a parroquia dumbriesa de Berdeogas. O inicio da andaina será pola parte posterior da Carballeira de Berdeogas, desde onde conectaremos co lugar de Chaín, para xa adentrarnos no bosque en dirección ao alto de Caforra. A través dunha pista do parque eólico, alcanzaremos a parte máis alta do Concello, con 530 m de altitude, sinalizada cun vértice xeodésico do Instituto Geográfico Nacional, denominada torre de control marítimo do Chan das Lagoas. A súa misión é emitir ondas para que os barcos saiban a que distancia están da costa. Está catalogado coma uns dos mellores radares do mundo. Desde aquí, avístase en días despexados, practicamente toda a Costa da Morte, desde Malpica ata a Serra do Barbanza, o Val de Soneira e a Comarca do Xallas, ofrecendo tamén unha panorámica do encoro da Fervenza.
Dende este lugar, iniciaremos o descenso ata o lugar de Sarteguas, onde a poucos metros poderemos desfrutar do esplendor do río Alvarellos, atravesando, se o caudal o permite, a Presa da Laxe, lugar de baño habitual para os habitantes cercanos.
Xa no último tramo, o lugar da Farrapa dará paso á fermosa Carballeira de Berdeogas ou Devesa da Lúa. Dita Carballeira está situada ao carón da igrexa Parroquial, séculos XVI-XVII (barroco), en cuxo exterior se atopan sarcófagos de finais do século XIX. Na carballeira localízase un castro e resulta tamén de interese o conxunto etnográfico conformado pola casa reitoral, o cabazo e o pombal.
Waypoint

Saida,

O punto de saida e aparcadoiro de autobus para os grupos dos dintintos Concellos. Praza nova de Berdeogas: 43.032844,-9.100157 As 9,45h os participantes estarán preparados para iniciar a ruta.
Waypoint

Fin de ruta

O punto de fin de andaina, está situado no conxunto etnográfico de Berdeogas, na praza da igrexa a escasos 50m da zona de carga e descarga de autobuses: 43.032844, -9.100157

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta