Sé el primero en aplaudir
Vista 85 veces, descargada 5 veces
preto de Cordiñanes, Castilla y León (España)
Esta cuarta etapa comeza antes da saída do sol e ata a chegada ao refuxio de Cabaña Verónica é un continuo sube e baixa con algún punto no que hai que facer pequenas trepadas e algún que outro destrepe. É importante prestar atención ao GPS e aos hitos que marcan o camiño xa que é moi sinxelo despistarse.
Logo dunha pequena parada no refuxio comeza unha longa baixada que agás a primeira parte faise por unha pista ancha ata as Vegas del Toro onde hai unha pequena fonte na que repoñer auga e facer un pequeno descanso antes de afrontar a dura subida pola canle de Jidiellu, aproximadamente uns 4km e novamente máis de 1000m de desnivel positivo. A parte final da canle obriga a facer unha pequena trepada antes do collado Valdominguero, hai unha corda fixa da que podemos axudarnos e facelo así con maior seguridade.
Pasado o collado quedan aínda uns km de descenso e algunha que outra pequena subida.
Comentarios