Tempo  4 horas 13 minutos

Coordenadas 1314

Fecha de subida 16 de enero de 2019

Fecha de realización enero 2019

-
-
97 m
13 m
0
3,5
7,0
13,9 km

Vista 345 veces, descargada 26 veces

preto de Cortes, Viana do Castelo (Portugal)

Arantei é unha parrroquia de Salvaterra de Miño que está encaixada entre os ríos Caselas, Tea e Miño, sendo terra de recoñecidos viños con denominación Rías Baixas, Condado do Tea e que ten importantes adegas como La Val e Quinta de Fillaboa. Amais o río Miño é fonte de recursos, concretamente a pesca da lamprea, para cuxa captura faise uso das pesqueiras no Miño e das estadas no Tea.

A nosa andaina comeza atravesando a ponte medieval de Fillaboa sobre o río Tea, sendo este lugar escenario de pasados conflitos entre España e Portugal polo que foi reconstruída varias veces. Augas enriba temos varias estacadas, especie de ponte ou estada sobre o río onde se colocan os pescadores da lamprea.

Prosegue a camiñada pola linde norte dos viñedos da extensa Quinta de Fillaboa ata que acadamos San Pedro de Arantei, con igrexa parroquial do século XVIII e o pazo do Souto, edificación de pranta rectangular erguida en perpiaño e cachotería e ligada ao liñaxe militar dos Barros.

A pouca distancia chegamos ao río Caselas, que fai de estrema co concello de Salceda e desde a Ponte da Pereira -construída nos anos 30 por un veciño de Entenza- acompañamos a este curso fluvial, unhas veces pola beira esquerda -Arantei-, outras pola marxe dereita -Salceda de Caselas-. Pasamos por unha pontella, a ponte do Picado, polo muíño homónimo e cun pequeno desvío achegámonos ao muíño dos Bernárdez, que é o único de catro moas no concello de Salceda.

Deixando atrás as adegas de O Sobral, situámonos na ribeira dereita do Miño, un dos últimos redutos da lamprea -xunto co río Ulla-. As pesqueiras que vemos son verdadeiras alfaias do tempo dos romanos, feitas con grandes sillares de pedra situados no río e aliñándose en perpendicular ou en oblicuo ao curso da auga. A súa estratéxica disposición facilita a captura dos peixes cando éstos remontan o río, mediante o uso de redes. O Miño chegou a ter 700 pesqueiras, conservándose actualmente unhas 400.

A outra banda ollamos as terras portuguesas de Monçao coa vertical torre defensiva de Lapela. A altura da illa de Fillaboa desemboca o Tea e pola súa beira, a contracorrente, chegamos ao punto de saída da nosa andaina, na ponte medieval.

Ver más external

Vieiro preto de San Pedro de Arantei.
Punto de inicio do roteiro na ponte de Fillaboa sobre o río Tea.
Muíño hidráulico de catro moas no río Caselas.
Muíño hidráulico de tres moas no río Caselas.
Lugar da parroquia de Arantei, Salvaterra de Miño.
Pasarela de madeira na senda do río Miño.
Casa señorial ligada a liñaxe militar dos Barros, en Arantei.
Pesqueira de lamprea no río MIño.
Pesqueira de lamprea no río MIño.
Pesqueira de lamprea no río MIño.
Pesqueira de lamprea no río MIño.
Pesqueira de lamprea no río MIño.
Ponte medieval sobre o río Tea, moi preto da súa desembocadura no Miño.
Ponte sobre o río Caselas.
Ponte sobre o río Caselas.
Pontella de pedra sobre o río Caselas.
Tributario do río Miño pola marxe dereita.
O máis importante río de Galicia.
Nace na Serra do Suído e logo de 50 Km desemboca na marxe dereita do Miño a altura da illa de Fillaboa, en Salvaterra.
Igrexa parroquial de Arantei. É do século XVIII.
Sendeiro pola marxe dereita do río Miño.
Sendeiro polas beiras do río Caselas.
Vista da torre defensiva de Lapela, a outra beira do río Miño.
Viñedos da adega Quinta de Fillaboa.
Plantación de viñas.
Plantación de viña da Quinta de Fillaboa.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta