Tiempo en movimiento  40 minutos

Tempo  2 horas 2 minutos

Coordenadas 266

Fecha de subida 29 de septiembre de 2018

Fecha de realización septiembre 2018

-
-
549 m
513 m
0
0,4
0,8
1,66 km

Vista 60 veces, descargada 0 veces

preto de Augasantas, Galicia (España)

Rutiña dende Armea ata o castro ou cidá de Armea. Na aldea poden atoparse un petróglifo embutido nun valado e varias columnas, presuntamente reaproveitadas do castro, integradas nas construcións. Máis adiante está o asento da santa, o forno da santa (sauna castrexa apropiada polo cristianismo para facer unha igrexa que non chegou a rematarse) e finalmente a cidá. Cada nova escavación vai descubrindo novos elementos interesantes.
A ruta complétase cunha visita á igrexa románica de Santa Mariña, desprazándose en coche. Esta igrexa é unha xoia que non debe deixar de visitarse (a chave tena un veciño, pero mellor ir cun guía).
Esta laxe sería traída doutro sitio para calzar un camiño. Cando se acementou, foi colocada (con moi bo criterio e boa vontade) encostada na parede da finca colindante. Para interpretala correctamente, hai que supola xirada co de riba para abaixo. Interprétase que representa tres figuras humanas moi elementales, coma as fan as crianzas.
Columnas para emparrados e unha inscrición, xa repicada.
Posible porta de acceso ao recinto da cidá.
Lagar do século III

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta