Tempo  4 horas 30 minutos

Coordenadas 1334

Fecha de subida 14 de marzo de 2019

Fecha de realización marzo 2019

-
-
421 m
159 m
0
3,7
7,4
14,73 km

Vista 124 veces, descargada 14 veces

preto de Gomariz, Galicia (España)

A denominación de orixe vitivinícola Ribeiro é a máis antiga das cinco que existen en Galicia. As plantacións medran na provincia de Ourense, na confluencia dos ríos Miño, Avia e Arnoia, sendo terras con remota tradición no cultivo das vides xa que consta a súa explotación nos tempos do Imperio Romano.

Foi no ano 1932 cando se estableceu a D.O. Ribeiro, constituíndose o seu Consello Regulador en 1956. Predominan os brancos de treixadura e en menor medida os tintos de caíño, brancellao, ferrón, sousón e mencía.

Os viños desta comarca eran trasladados para a súa venda por comerciantes xudeos na Idade Media polo chamado Camiño dos Arrieiros por medio de mulas, cabalos e carros a Santiago, varios mosteiros e o porto de Pontevedra para a súa exportación a Europa, sendo os maiores propietarios dos viñedos o cabildo da catedral compostelá e o mosteiro de Toxos Outos.

O Camiño dos Arrieiros estivo con tránsito comercial entre os séculos XIV e XVII, cando se pecharon os mercados ingleses e portugueses, desviándose este comercio cara o interior e caendo en abandono esta ruta que transcorre por paraxes de enorme interese paisaxístico e ambiental. Hai indicios de que este camiño fose xa unha vía romana de terceiro orde.

O roteiro, que transcorre nunha mitade polo Camiño dos Arrieiros, podémolo comezar na estrada que liga Leiro con O Carballiño, indo para aldea de Fonteantiga e pola beira do regato de Fondós. A outra beira do regacho albiscaremos o Pazo do Lodeiro -ou Ludeiro- do ano 1663 que pertenceu a casa dos Condes de Ribadavia e que servía de refuxio a criminais a cambio de prestar servicio de por vida como lanceiros nas tropas do conde. O pazo consta dun edificio principal e unha ermita e din que existía un túnel para levar beber aos cabalos ao río en caso de asedio.

En Varón -ou Barón, que das dúas formas hai constancia escrita- había que pagar un portádego entre os séculos XV e XIX por usar o camiño entre Ribadavia e Cavadoso -onde hai hoxe os restos dunha fortaleza-. Seguimos pola marxe do regato do Barón e subimos por unha carballeira ata a aldea abandonada de Sona, con casas de pedra de granito en ruínas.

Na área de lecer de Porto de Eguas afastámonos do Camiño dos Arrieiros e pasamos polas aldeas de Aguisar e Varille, deixando o concello de O Carballiño para entrar no de San Amaro polo lugar de O Marco. Segue Grixoa coa igrexa parroquial en estilo barroco popular do século XVII e con advocación a Virxe das Neves. Doutra parroquia xa son Anllo Pequeno, A Cruz e Pazos, que son da freguesía de Anllo. Logo dun piñeiral entramos no terceiro concello da nosa andaina, o de Leiro – sendo a parroquia Gomariz-.

Asomamos a vacía do río Avia cunhas vistas engaloiantes sobre o val, estando aos nosos pés as plantacións da Bodega A Vilerma sobre un terreo en socalcos e finalmente baixando por medio das terrazas de cultivo chegamos ao noso punto de partida.

Ver más external

Aldea no concello de San Amaro.
Lugar da parroquia de Gomáriz, no concello de Leiro.
Aldea no concello de O Carballiño.
Aldea no concello de San Amaro.
Área recreativa en Porto de Eguas.
Camiño polo que se transportaba o viño de O Ribeiro.
Bosque de carballos na parroquia de O Barón.
Bosque de carballos no Camiño dos Arrieiros.
Sendeiro entre a aldea abandonada de Sona e Porto de Eguas.
Punto de inicio do roteiro na estrada entre Leiro e O Carballiño.
Fonte na aldea de Fonteantiga, no Camiño dos Arrieiros.
Lavadoiro e fonte en Porto de Eguas.
Aldea do concello de O Carballiño, no límite con Leiro.
Parroquia do concello de San Amaro.
Igrexa parroquial de Grixoa. , barroca do século XVII.
Lugar en Varón.
Muíño no regato de Fondós.
Aldea no concello de San Amaro, lindando co concello de O Carballiño.
Barón ou Varón é unha parroquia do concello de O Carballiño.
Aldea no concello de San Amaro.
Bosque de piñeiros na aldea de Pazos, no concello de San Amaro.
Pontón sobre o regato de Fondós.
Pontón sobre o regato de Fondós, en Varón.
Pontón sobre o regato de Fondós.
Pontella sobre o regato de O Varón.
Pontón sobre o regato de Varón.
Lugar no concello de O Carballiño.
Regacho que pasa por Fonteantiga. É un tributario do Avia.
Rego que pasa por Varón. Ao xuntarse co Varille dan lugar ao regato de Fondós.
Aldea abandonada no concello de O Carballiño.
Aldea no concello de O Carballiño.
Vistas panorámicas sobre Leiro e o val do río Avia.
Plantación vitivinícola na Vilerma, no concello de Leiro.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta