Tempo  6 horas 44 minutos

Coordenadas 1981

Fecha de subida 27 de diciembre de 2015

Fecha de realización diciembre 2015

-
-
451 m
271 m
0
5,3
11
21,35 km

Vista 904 veces, descargada 20 veces

preto de Marojo, Galicia (España)

Esta ruta esta moi ben sinalizada e moi doada de realizar sin grandes subidas nin baixadas.
Ten moita variedade (Capela da Fonte Santa e as suas augas mediciñais, beiras-rio, subidas (coto da Torrente), Encoro de Portodemouros, posibilidade de visita guiada ao Museo Vivente do mel e -por ultimo- a espectacularidade da Fervenza das Hortas)
Partimos da Capela da Fonte Santa (chamada asi porque nesta paraxe hai augas mediciñais que conteñen xofre e que teñen propiedades para os males do aparato dixestivo e da pel). Poden verse estas augas nuns sucos brancos sobre unhas pedras que estan na beira mesmo do rio, ao carón da ponte.
Camiñamos durante 2 Kms. a beira do rio Iso e unha vez chegamos a estrada de Pastoriza a Maroxo cruzamola e continuamos por unha pista co rio a nosa esquerda ata chegar a 1,5 Km. aprox. a unha subida moi pronunciada e chea de pedras (O Coto da Torrente) de tan so 160 mts. pero cun desnivel superior ao 30%, polo que deberemos afrontala con moita calma. O esforzo da subida paga a pena. Ao final poderemos disfrutar dunhas vistas moi fermosas do val das terras de Pastoriza e, ao fondo, da Vila de Arzúa.
Continuamos durante un treito de aprox. 1 Km. para atravesar a estrada que vai a Maroxo (cando cruzamos a estrada podemos divisar -no alto- as casas desta aldea) e continuamos por unha pista durante aprox. 150 mts, desviandonos a dereita por uns carreiros entre pinos e carballeiras- para descender no seu final e atravesar un regato que conten unha pequena fonte natural (aproveitar para avituallarse de auga).
Tomamos a pista e chegamos novamente a beira do rio Iso, pola sua marxe dereita, ata chegar a estrada e xunto a ponte de Brandeso.
Atravesamos a estrada e tomamos un camiño -a esquerda- que nos conducirá ata os Muiños de Roque.
Cruzamos o rio pola ponte de madeira e abandoamos a presencia do Iso que nos acompañou durante 7,6 Kms. Quedannos 12,3 Kms para rematar. Acabaronse as subidas. A partir de agora todo son carreiros por terreos chans e camiños tradicionais moi doados de percorrer.
No Km. 10 atopamos as primeiras casas e continuamos ata chegar a desviación "da Illa" (cando o caudal do Encoro vai baixo podemos visitala e percorrela, ainda que non é moi recomendable porque esta adicada a couto de cazadores e a camiñata podería resultar perigosa). Esta desviación -ata a Illa- esta a 600 mts. do Km. 11 da ruta.
Proseguimos por camiños tradicionais que discurren entre casas ben rehabilitadas e grandes invernadoiros (alguns neste momento abandonados).
Ao chegar a parroquia de Viñós, atopamos Casa Lucas (un establecemento de turismo rural). Estamos a 7 Kms. do remate. Camiñamos coa vista sempre posta no Encoro de Portodemouros que nos acompañará no noso percorrido durante 3 Kms. mais.
Adentramonos na parroquia de Tronceda e atravesamos un grupo de casas ben rehabilitadas, co típico encanto das aldeas rurais galegas, antes de achegarnos a beira mesma do Encoro. Aqui o camiño percorre a beira das augas do Ulla e temos a oportunidade de contemplar dende moi preto a maxestuosidade e as excelentes vistas da enorme masa de auga, do tamén nomeado en tempos pasados polos paisanos da zona como "O Salto de Moncabril".
Chegamos a area de descanso proxima ao Encoro (as instalacións atopanse totalmente abandoadas).
Cruzamos a estrada de Arzúa-Vila de Cruces e continuamos a esquerda ata chegar ao Enredo do Abelleiro (Museo Vivente do Mel).
Isidro e as suas fillas farannos unha visita guiada para aprender e ver "in situ" a actividade incesante das abellas nas colmeas, e explicarannos o proceso completo de colleita e envasado do mel. Para reservar e programar esta visita hai que chamar con antelación ao tfno.: 981 50 80 72.
A 50 mts. do Museo tomamos un camiño a dereita (antes dunha ponte cos petriles de pedra) e ascendemos lixeiramente ata atravesar unhas leiras e volver a descender para conectar coa estrada do lugar das Hortas (aqui torcemos a dereita e continuamos durante 400 mts. pola mesma estrada ata chegar a desviación que nos leva a Fervenza das Hortas).
Dende a desviación temos 600 mts. ata chegar ao final da ruta por unhas escaleiras de madeira e acceder ao pé mesmo das Fervenzas, autentico espectaculo de tranquilidade e fermosura
Encoro de Portodomouros
O encoro data do ano 1968, momento no que se constrúe tamén a central hidroeléctrica, ambos propiedade de Unión Fenosa. Ubícase no río Ulla, entre os concello de Arzúa (A Couña) e de Vila de Cruces (Pontevedra). A zona de turbinas e a subestación son subterráneas. O máis destacado desta edificación é o uso de escollos, en vez de formigón, no muro da presa, cunha altura de 91 metros. O encoro ten capacidade para 297 hectómetros cúbicos, cunha cota máxima de 252 e unha mínima de 220.
Unha das consecuencias negativas do encoro, a nivel histórico-artístico, foi a desaparición de varias aldeas e, xunto a estas, a perda de numerosos bens do patrimonio cultural. Este feito provocou grandes cambios na vida cotiá da veciñanza.
Na actualidade atopamos no contorno do encoro unha área recreativa e unha praia fluvial. Dispón ademais dun Réxime especial de pesca. O encoro e a súa contorna ofrece un espazo ideal para os deportes náuticos (vela, piragüismo…), o senderimos e rutas en bicicleta.
Pode visitarse o Enredo de Abelleiro, un orixinal museo temático sobre o mel e a apicultura.
Fervenza das Hortas
A fervenza das Hortas é un dos límites naturais entre os concellos de Arzúa e de Touro. Consta de dúas caídas de auga, en gneis mesturados con cuarcita, duns 30 metros de altura, do Regato de Saímes (segundo o libro Augas caídas. Fervenzas de Galiza).
Na súa parte alta atópase o muíño dos Agra, sito no lado de Touro.
Tamén é coñecida polo nome de Fervenza de Santa Marta , debido a unha lenda que ten asociada:
A veciñanza ía moer ao muíño, e conta a historia que unha rapaza quedou embarazada do seu mozo, e este dixo que non a quería. Unha noite de muiñada, o mozo empuxouna pola fervenza, e mentres caía, ela dixo “Santa Marta me vaia!”, e parou a caída un carballo que na fervenza estaba, salvándoa milagrosamente.
Panel
Final cuesta
Arzua
Presa
Ponte
Embalse na Illa
PANEL
Fervenza

4 comentarios

  • Foto de MGVilela

    MGVilela 21-feb-2017

    Está moi ben explicada a ruta. A pena é que non se coida nada e xa está bastante estragada.

  • Foto de MGVilela

    MGVilela 21-feb-2017

    Está moi ben explicada a ruta. A pena é que desde que a fixeron non volveron a limpala e xa está bastante estragada.

  • Foto de CHUCHI00

    CHUCHI00 22-feb-2017

    Gracias polo comentario. O mantemento das rutas e algo preocupante, os concellos non dispoñen de partidas presupuestarias para estas cousas e a veciñanza non está pola labor.

  • Foto de MGVilela

    MGVilela 22-feb-2017

    O Concello gastou un montón de cartos para que lla homologaran. Agora mantela un pouco ben xa non custa tanto. A maioría dos veciños teñen unha idade que xa non están para andar roando, ademais eles eses carreiros non os usan. Aí quen ten que reclamar a limpeza son as casas de turismo rural, a eles si que lle interesa....

Si quieres, puedes o esta ruta