Tempo  5 horas 13 minutos

Coordenadas 1667

Fecha de subida 7 de enero de 2018

Fecha de realización enero 2018

-
-
502 m
223 m
0
4,1
8,2
16,47 km

Vista 229 veces, descargada 5 veces

preto de Barbadanes, Galicia (España)

O roteiro transcorre polas lindes dos concellos de Barbadás e Toén e por treitos vén cadrando co Roteiro dos Castros, o Camiño Natural de San Rosendo e máis o sendeiro homologado PR-G 186, Ruta de Moreiras.

Sendo circular, un sitio axeitado para comezar pode ser a carón da igrexa parroquial de Barbadás, san Xoán, onde hai unha amplia chaira para deixar o coche.

O percorrido vai, no concello de Barbadás, por anchos camiños por medio de bosques mixtos de piñeiros, carballos e algún érbedo ocasional. Por Toén, na parroquia de Moreiras, os vieiros transfórmanse en engaloiantes corredoiras, con excelentes carballeiras arredor. Amais das fragas, hai outros puntos a poñer de relevo, como son:

-A capela de san Mauro co peto de ánimas no núcleo urbano de Barbadás, erguidos no ano 1867 e tamén a igrexa parroquial de san Xoán, do século XVII.

-A aldea de O Pontón, encravada sobre o regato de Porto Barreiro e o dos Muíños e que conta cunha ermida do ano 1885 de advocación a san Roque.

-O importante núcleo rural de Bentraces, con abondosa representación das típicas casas de pedra con patín e sobranceando o Pazo de Bentraces, construído no século XV coma residencia episcopal do mosteiro de Celanova, transformado posteriormente en Casa Señorial e sendo hoxe un establecemento de turismo rural.

Ver más external

Área recreativa na parroquia de Bentraces, Barbadás.
Concello da provincia de Ourense, moi preto da capital.
Parroquia do concello de Barbadás. Ten un pazo do século XV.
Camiño preto da igrexa de san Xoán, en Barbadás.
Vieiro na parroquia de Moreiras, concello de Toén.
Camiño que une o mosteiro de Celanova con Ourense capital.
Camiño que liga o mosteiro de Celanova con Ourense capital.
Ermida de construción basta preto do Camiño Natural de San Rosendo.
Ermida na aldea de O Pontón, Barbadás. Foi erguida no ano 1885.
Ermida no centro de Barbadás. Construída no ano 1867.
Punto de inicio ao carón da igrexa de san Xoán, en Barbadás.
Cruceiro na área de lecer de Bentraces.
Fonte de auga potable en Bentraces.
Fonte de auga potable e lavadoiro en Barbadás.
Templo parroquial de san Xoán , en Barbadás.
Igrexa parroquial de Bentraces. De recente construción.
Lavadoiro no núcleo de Barbadás.
Mina de auga na aldea de As Airas, Moreiras.
Pequena aldea moi preto do núcleo urbano de Barbadás.
Pazo do século XV na parroquia de Bentraces. Hoxe é un establecemento de turismo rural.
Sendeiro homologado Ruta Moreiras, no concello de Toén.
Pradarío por debaixo de Moreiras, Toén.
Ruta de sendeirismo no concello de Barbadás. Non está homologada.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta