Vista 2838 veces, descargada 145 veces
preto de Boborás, Galicia (España)
San Fiz de Brués é unha das parroquias do ourensán concello de Boborás, na comarca de O Carballiño, que conta con importantes atractivos naturais, etnográficos e históricos. A nosa andada levaranos ata as minas de ouro e arsénico, a Ponte Vella e as termas de Brués, amais de fabulosas fragas e bosques de ribeira nas marxes do troiteiro río Viñao.
- Minas de Brués
Constan de dous sectores, o de Balboa, na aba esquerda do Viñao, e o de Brués, na banda dereita e que será o que nós visitaremos vendo varias bocas de entrada as galerías. Os traballos mineiros semella que comezaron no século XIX, constando explotacións a principios do XX e ata despois da Guerra Civil española.
Están situadas nunha contorna de actividade mineira da época romana e nas proximidades dun castro celta, de xeito que posiblemente xa eran coñecidas entonces. Non quedan restos das instalacións nas que se trataba o mineral para sacar arsénico e algo de ouro (a proporción era de arredor de un kilo de ouro por tonelada de arsénico).
- Ponte Vella de Brués
Esta ponte sobre o río Viñao sitúase no camiño real que comunica as terras de Ribadavia con Pontevedra e Santiago. As referencias máis antigas remóntanse a finais da Idade Media e o vieiro do que forma parte procedía da fortaleza de Cavadoso, seguía por Moldes ata Boborás e desde aí descendía ata esta ponte, para cruzar o río en dirección a fortaleza de Orcellón.
Está formada por dous arcos apuntados e feita con bloques de granito colocados sen argamasa. A superficie de tránsito está feita con lousas de granito e cantos rodados, dun periodo máis recente. Mide 30,5 metros de longo, 3,5 de ancho e una altura media duns 5 metros, tendo os arcos unha luz de 7,20 metros.
Na Idade Media esta ponte situábase entre o Condado de Monterrei e o Condado de Ribadavia, cobrando o Conde de Monterrei un portádego ou pontazgo as persoas que a cruzaban. A beira da ponte aínda pódese ver un monolito co escudo dos Ulloa e as letras MT que fan referencia á casa dos Monterrei.
- Termas de Brués
Atópanse a uns cinco metros do curso do río Viñao, nas proximidades da Ponte das Poldras. Esta ponte foi construída cos restos do antigo castelo de Orcellón e restaurada recentemente conservando as orixinarias piaras de pedra.
Do manancial flúen augas sulfuradas, bicarbonatadas e fluoradas a unha temperatura de 27º C brotando por debaixo dunha pedra de granito. Xa eran coñecidas e usadas polos romanos e actualmente quedan os restos de dous casetos que facían de vestiarios do balneario que existiu a finais do século XX.
Ver más 
Lugar na parroquia de Brués, concello de Boborás.
Capital do concello de Boborás.
Vieiro entre A Almazara e Penedo de Xuvencos.
Camiño entre Penedo de Xuvencos e A Ponte Nova.
Camiño entre A Ponte Nova e Balboa.
Camiño entre Boborás e A Almuzara.
Camiño medieval que unía as terras do Ribeiro con Pontevedra e Santiago de Compostela.
Canle de auga no río Viñao.
Bosque de carballos nas beiras do río Viñao.
Bosque de carballos preto das antigas minas de Brués.
Bosque de carballos nas beiras do río Viñao.
Punto de inicio do roteiro no lugar de A Almuzara.
Camiño entre Salceda e Boborás.
Eira en Penedo de Xuvencos.
Escudo da Casa de Monterrei nun monolito a beira da Ponte Vella de Brués.
Fonte de auga potable en Balboa.
Boca dunha antiga mina de ouro e arsénico en Brués.
Boca dunha antiga mina de ouro e arsénico en Brués.
Boca dunha antiga mina de ouro e arsénico en Brués.
Boca dunha antiga mina de ouro e arsénico en Brués.
Boca dunha antiga mina de ouro e arsénico en Brués.
Boca dunha antiga mina de ouro e arsénico en Brués.
Boca dunha antiga mina de ouro e arsénico en Brués.
Mina de auga en Penedo de Xuvencos.
Muíño hidráulico n´A Ponte Nova.
Lugar no concello de Boborás.
Pontella sobre o río Viñao feita cos restos do antigo Castelo do Orcellón. Actualmente só se conservan os piares orixinais.
Ponte medieval no paso do camino real sobre o río Viñao.
Afluente do río Avia pola marxe esquerda.
Tributario do río Avia pola esquerda.
Construción en ruínas a beira do río Viñao.
Carreiro de pescadores pola beira do río Viñao.
Augas termais
Termas Brues
Manancial de augas termais que flúen a 27º C. Preto do río Viñao.
Lugar no concello de Boborás.
Chacaritas 4 dic. 2018
Amigo Suso:
Gracias como siempre por tu completísima información. Me parece una ruta muy bonita por el Ribeiro mas auténtico. La haré tan pronto venga un tiempo mas seco. Algún consejo ????. Un abrazo.
jesussimon 4 dic. 2018
Hola, Chacaritas.
La ruta es muy interesante y con zonas boscosas por lo que buenas épocas para hacerla sería la primavera o el otoño.
Saludos.
elenitaex5 8 dic. 2018
He realizado esta ruta Ver más
Información
Fácil de seguir
Entorno
Fácil
Ruta preciosa y 100% recomendable. La hice ayer con mi tropa y es espectacular! Pasas por varios pueblitos y aunque tocas algún trozo de asfalto es zona muy poco transitada. Lo único que en Boborás hay un tramo un pelín lioso. Faltaría quizás decir en qué momento se tuerce pero perfecto!
Gracias por compartirla!
Jlarcosp 9 ene. 2019
He realizado esta ruta verificado Ver más
Información
Fácil de seguir
Entorno
Fácil
Como es costumbre, sin la aportación de "jesussimon", del que cogimos los datos, sería imposible de seguir
Gabri Gabriel 28 oct. 2019
Ruta muy interesante y bonita, facil de seguir y con entornos preciosos. Nos muestra una pequeña parte de nuestras poblaciones rusticas y semiabandonadas, pero toda ella con mucho encanto.
Sobre todo se agradece en gran medida el comentario tan completo y didactico realizado por jesussimon
Tío_Pepe 23 jun. 2020
Moitas grazas por partillares esta ruta tan interesante e pola abondosa información. Saúdos.
jesussimon 23 jun. 2020
Grazas a ti, Pepe, polo teu comentario.
miguel.doar 9 ene. 2022
Ruta moi interesante e fácil de seguir, case chegando ó inverno (5 de decembro); grazas pola información tan detallada.