Tempo  5 horas 14 minutos

Coordenadas 1120

Fecha de subida 17 de mayo de 2017

Fecha de realización mayo 2017

-
-
102 m
23 m
0
3,1
6,1
12,21 km

Vista 3754 veces, descargada 60 veces

preto de Sela, Galicia (España)

Lemos nos carteis que nos atopamos ao longo do recorrido:

"A lamprea nace no río onde as larvas viven soterradas nos fondos de area cinco ou seis anos, alimentándose de detritus orgánicos e pequenos invertebrados. Logo dunha metamorfose descenden ata o mar, onde levan unha vida parásita durante un ou dous anos, zungando o sangue de animais mariños como o xurelo, o peixe espada ou mesmo a toniña. As lampreas adultas retornan ao río entre os meses de decembro e marzo.

O forte encanamento de certas zonas do Miño crea funís naturais que constitúen boas zonas de pesca con redes denominadas pesqueiras. Onde o río é máis ancho, creáronse estreitamentos artificiais mediante muros onde se coloca a arte de pesca. Estas construcións denomínanse pescos.

As pesqueiras son verdadeiras xoias do tempo dos romanos (séc. V a.C. a II d.C.), feitas con grandes sillares de pedra situados dentro do río e aliñándose en perpendicular ou en oblicuo ao curso da auga. A súa estratéxica disposición provoca a captura dos peixes cando estos remontan o río.

As volantas son redes que cruzan o río en perpendicular e derivan empuxadas pola corrente. Os butróns, nasas cónicas ou cilíndricas, son aparellos de malla e aros de ferro cun orificio de entrada e sen saída que se sitúan no fondo do leito polo que son menos acaparadoras que as redes. Outra modalidade ou técnica é a fisga, francada ou tridente que consiste nun pau longo cunha serie de puntas no seu extremo inferior co que se cravan as lampreas.

Galicia é o último reduto da península deste peixe, sendo os lugares máis destacados o río Miño (Arbo) e o Ulla (Pontecesures e Padrón). De Salvaterra a Crecente hai uns 30 Km de curso fluvial balizado por estos muros, formado por varios poios, ou pescos, de pedras encaixadas sen cemento nin outro elemento de suxeición, creando correntes nos ocos que hai entre os pescos. Nestes corredores ou pasadizos de un metro de ancho, chamados rúas, colócanse os butróns. O Miño chegou a ter 700 pesqueiras, conservándose na actualidade unhas 400."

O noso roteiro parte de Sela, baixando cara a praia fluvial que hai por baixo da antiga estación do tren e logo de ver os pescos da Raña dos Muíños, Puntal do Canelas e máis o nacedoiro das "Augas de Sela", enfilamos polo bordo do Miño augas enriba pasando por varias pesqueiras. Ao chegar a desembocadura do río Deva, alongamos a nosa andaina, xa sen ver máis pescos, procurando a ponte románica de Mourentán, testemuña dunha batalla contra as tropas francesas.

Desde a praia fluvial de San Xoán acompañamos a baixada do Deva para, un chisco antes da súa desembocadura, seguir para a aldea de A Aduana e vendo ao final un petróglifo en pleno camiño que se atopa en serio perigro de conservación por existir tránsito de coches e persoas por riba dél. Este lugar debe o seu nome a ser un antigo posto de control fronterizo para as xentes que atravesaban o Miño en barca. Aquí rematamos o noso percurso.

Ver más external

foto

A Aduana

Aldea de Arbo, antigo posto fronterizo.
foto

Almuiña

Lugar do concello de Arbo.
Picnic

Area lecer Barca Vella

Área recreativa en Arbo.
Picnic

Area lecer Sela

Área de lecer en Sela, Arbo.
árbol

Bosque

Bosque nas ribeiras do río Miño.
foto

Camiño

Camiño no lugar de Sela, Arbo.
foto

Caseta

Caseta para os aparellos de pesca.
foto

Chanzos

Escaleiras no bosque.
Waypoint

Comezo Pesqueiras

Punto de inicio do roteiro en Sela.
Waypoint

Corda

Corda de seguridade no sendeiro.
amarre

Embarcadoiro Barca Vella

Antigo embarcadoiro da Barca Vella.
fuente

Fonte

Fonte de auga potable na área de lecer de Sela.
fuente

Fonte lavadoiro

Fonte con lavadoiro na parroquia de San Xoán, Arbo.
foto

Lavadoiro

Lavadoiro en Sela.
foto

Manancial de Sela

Manancial das antigas Augas de Sela.
Picnic

Mesas

Mesas no sendeiro.
árbol

Mimosas

Bosque de mimosas nas ribeiras do Miño.
panoramica

Miradoiro

Miradoiro sobre o Miño e Portugal na Barca Vella.
Río

Miño

Río Miño.
foto

Muiño 1

Muíño hidráulico en ruinas as beiras do río Miño.
foto

Muiño 2

Restos dun antigo muíño hidráulico.
foto

Muiño 3

Muíño hidráulico no río Deva.
Ponte

Pasarela 1

Pasarela de madeira sobre o río Deva.
Ponte

Pasarela 2

Pasarela de madeira sobre un pequeno rego afluente do Miño.
foto

Pesqueira Puntal do Canelas

Pesco na área de lecer de Sela.
foto

Pesqueira 1

Pesco para a lamprea no río Miño.
foto

Pesqueira 2

Pesco para a lamprea no río Miño.
foto

Pesqueira 3

Pesco para a lamprea no río Miño.
foto

Pesqueira 4

Pesco para a lamprea no río Miño.
foto

Pesqueira 5

Pesco para a lamprea no río Miño.
foto

Pesqueira 6

Pesco para a lamprea no río Miño.
foto

Pesqueira do Coxo

Pesco para a lamprea no río Miño.
foto

Pesqueira do Tronco

Pesco para a lamprea no río Miño.
foto

Pesqueira dos Cregos

Pesco para a lamprea no río Miño.
foto

Pesqueira Raña dos Muiños

Pesco para a lamprea no río Miño, na área de lecer de Sela.
Sitio arqueolóxico

Petroglifo San Xoan

Petróglifo na aldea de A Aduana, en San Xoán, Arbo.
Ponte

Ponte internacional

Ponte entre Arbo e Melgaço.
Ponte

Ponte romanica Mourentan

Ponte románica sobre o río Deva, en Mourentán.
Praia

Praia fluvial San Xoan

Praia fluvial no río Deva, en Mourentán, Arbo.
Río

Regato

Pequeno rego afluente do río Miño.
foto

Restos muiño

Ruinas dun muíño no río Deva.
Río

Rio Cea

Afluente do Miño pola marxe dereita.
Río

Rio Deva

Importante afluente do Miño pola súa marxe dereita.
Río

Rio Miño

O máis importante río galego.
foto

Sendeiro 1

Carreiro polas beiras do río Miño.
foto

Sendeiro 2

Carreiro entre o río Miño e o seu afluente o Deva.
foto

Socalcos

Antigos socalcos.
Waypoint

Via tren

Camiño de ferro.
Waypoint

Vias tren

Camiño de ferro.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta