Coordenadas 1031

Fecha de subida 7 de diciembre de 2015

Fecha de realización diciembre 2015

  • Valoración

     
  • Información

     
  • Fácil de seguir

     
  • Entorno

     
-
-
199 m
29 m
0
2,7
5,5
10,98 km

Vista 1899 veces, descargada 65 veces

preto de Carvalhiças, Viana do Castelo (Portugal)

Este roteiro polo patrimonio etnográfico e cultural da vila de Melgaço artéllase en dous bucles cun punto de nexo sobre a ponte da ribeira de Porto, na estrada que liga o centro urbano coa área de lecer e instalacións deportivas de Monte Prado.

Unha das metades do percorrido achegaranos ata a construción senlleira, o Castelo de Melgaço, erguido no século XII, de planta arredondada con tres torres e coa torre da homenaxe no interior amurallado e que foi declarado Monumento Nacional. Outros elementos de interese son a Igreja Matriz (medieval), o Solar do Alvarinho (antiga Casa da Cámara e cárcere, do século XVII), o fermoso casco histórico e máis a Igreja do Convento das Carvalhiças (séc. XVII).

Estamos novamente na ponte do río de Porto e emprendemos o segundo bucle no sentido das agullas do reloxo subindo cara a Monte Prado e, logo de pasar por unha área de lecer entre piñeiros, baixamos para o parque termal do Peso, onde están as actuáis termas de Melgaço, con orixe no ano 1884. As instalación están abeiradas por un bosque sucado pola ribeira de Bouça Nova e salienta a monumental fonte "Buvette" cun pavillón de ferro construido no ano 1915.

Agora os nosos pasos lévannos ata as marxes do río Miño, con arboreda propia dos cursos fluviais como amieiros, salgueiros e freixos, tendo tamén presenza o carballo. Recorremos a ribeira por camiños de pescadores e pola antiga levada de Monte Prado que cunha lonxitude de 3 Km levaba a auga da ribeira de Porto ata as Veigas, atravesando dun lado a outro o monte polas súas abas. No río poderemos albiscar varias pesqueiras, construcións moi antigas feitas no leito fluvial con bloques de pedra para facilitar a pesca no Miño. Rematamos sobre a ponte da ribeira de Porto.

Ver más external

Levada duns 3 Km de lonxitude que levaba a auga desde o río de Porto.
Área recreativa entre piñeiros, en Monte Prado.
Instalacións termáis do Peso, Melgaço.
06-DIC-15 15:49:33
Ermida preto da igrexa do Convento das Carvalhiças.
Castelo da vila de Melgaço. É do século XII.
Punto de inicio do roteiro na ponte sobre o río de Porto.
Corredoira que sube cara o Castelo.
Convento e igrexa do século XVII no centro de Melgaço.
Escadas que soben cara o Castelo.
Fonte preto do punto de inicio do roteiro.
Fonte de auga potable no lugar de Pombal.
Fonte monumental no balneario de Melgaço. Foi construída no ano 1915.
Igrexa parroquial de Melgaço. De orixe medieval.
Antiga levada de 3 Km que levaba as augas desde o río de Porto ata a Veiga.
Muíño hidráulico no río de Porto.
Recinto amurallado do Castelo de Melgaço.
Viñedo de alvariño.
Construcións de pedra no leito do río para facilitar a pesca.
Piñeiral en Monte Prado.
Presa para o regadío dos cultivos.
Tributario do río Miño pola marxe esquerda.
Nace na Serra de Meira e logo de 300 Km desemboca entre A Guarda e Caminha.
Antiga casa do concello e cárcere.

2 comentarios

  • Foto de daniel belxior

    daniel belxior 25-oct-2017

    He realizado esta ruta  ver detalle

    5 *

  • Erville 04-jun-2018

    He realizado esta ruta  verificado  ver detalle

    Zona muy urbana, mucho asfalto y por partes demasiada basura en el recorrido

Si quieres, puedes o esta ruta