xalok79
  • Foto de Baldaio-Caión i/v
  • Foto de Baldaio-Caión i/v
  • Foto de Baldaio-Caión i/v
  • Foto de Baldaio-Caión i/v
  • Foto de Baldaio-Caión i/v
  • Foto de Baldaio-Caión i/v

Tempo  6 horas 17 minutos

Coordenadas 1536

Fecha de subida 16 de marzo de 2014

Fecha de realización marzo 2014

-
-
55 m
0 m
0
4,3
8,6
17,25 km

Vista 1038 veces, descargada 23 veces

preto de Lema, Galicia (España)

De Baldaio a Caión

Unha ruta para sentir toda a furia do Atlántico na Costa da Morte e para empaparte do son do mar.

Deixamos os coches un pouco antes da Praia de Baldaio, no parking da Praia da Pedra do Sal (Carballo) e comezamos a ruta. Día primaveral moi soleado e con pouco vento.

Esta ruta non está sinalizada, pero non hai posibilidade de perderse, xa que vai prácticamente na súa totalidade pegada á costa

Á nosa esquerda divísase ó fondo o cabo de San Adrián e as Illas Sisargas, en Malpica. Primeiro iremos por unha estrada asfaltada, pero moi pronto pasa a ser un camiño de terra onde nos recibe unha paisaxe na que se mistura o mar cos campos moi floridos dando un colorido marabilloso.

Despois den ir sorteando os toxos, imos aprecindo a fermosura de varias calas por un camiño estreito no que xa se sinte a bravura do mar...
Ó fondo xa se divisa Caión, unha vila mariñeira enclavada no medio do mar. Bordeamos ata chegar á zona do peirao, onde faremos parada para tomar unha cerveciña e posteriormente comer, vendo cómo recollen os seus aparellos e capturas os buzos.

Facemos de volta o mesmo camiño, pero en sentido inverso. Pese a ser unha zona onde o mar bate con forza, vemos numerosos pescadores pegados á costa e incluso algúns osados que se atreven a zambullirse.

Finalmente despedimos a ruta co astro sol ocultándose pouco a pouco en dirección Malpica e disfrutamos na marisma de Baldaio contemplando a inmensidade da súa praia, así como a lagoa e zona dunar onde hai unha gran variedade de aves.


Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta