Tiempo en movimiento  3 horas 41 minutos

Tempo  6 horas 27 minutos

Coordenadas 3137

Fecha de subida 22 de abril de 2018

Fecha de realización abril 2018

-
-
870 m
377 m
0
4,7
9,4
18,71 km

Vista 355 veces, descargada 26 veces

preto de Lobios, Galicia (España)

Interesante percorrido partindo do balneario do río Caldo, a través do que queda da Vía Nova romana. Xa preto, atopamos os restos dunha casa romana, supostamente "Aquis Originis". Ao longo da subida, diversos paneis informativos ilústrannos sobre distintas curiosidades desta imponente vía de comunicación da antigüidade. Xunto á ponte, sobre o río Caldo, da estrada que leva a fronteira, hai unha colección de miliarios extraídos dos seus emprazamentos a carón da Vía. Porén algún aínda permanece no seu sitio.
Na parte alta do val, está a antiga aduana española, abandoada e deteriorada a aínda a máis primitiva que conserva a aguia franquista na súa fachada... (Non comento)
No edificio da alfándega portuguesa hai un bar (que abre en verán e certas fins de semana cando chega o bo tempo).
A volta realizarémola por unha pista que vai ascendendo pola zona alta das ladeiras ata unha cota de 870 m sempre acompañados por arboreda, en especial piñeiros.
Descendemos e visitamos a Cabaniña do Curro, un pequeno refuxio debaixo duns enormes penedos. Un chisco máis adiante comezamos a ver a impactante fervenza. Non será ata a súa parte media que teremos unha visión cáseque de conxunto. Non resulta posible percibila enteira pola configuración do terreo.
Na parte da abaixo, unhas fermosas pozas, unha delas dunha rechamante cor verde.
A ruta é moderada en canto a esixencia física, sempre que se faga no sentido antihorario. A baixada, paralela á fervenza da Corga da Fecha, é moi de ladeira e en caso de choiva pode ser perigosa porque corre a augua polo mesmo carroucho. Esta tamén é a parte onde o trazado é menos ampro.
Ruta moi recomendable, en suma.
Seguindo, aínda que prolongando ata a fronteira: https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/lobios-cabanina-do-curro-corga-da-fecha-lobios-13828048
Restos de mansión romana.
Restos, escasos, dunha casa de muda de cabalerías para o correo imperial.
Miliario ou marco de distancias.
Está indicado

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta