Coordenadas 98

Fecha de subida 27 de noviembre de 2015

Fecha de realización noviembre 2015

-
-
723 m
279 m
0
1,7
3,5
6,94 km

Vista 880 veces, descargada 7 veces

preto de Barantes, Galicia (España)

Este é o camiño que leva de Barantes de Riba, desde a zona de O Sagrado, a Parada de Sil. O obxectivo, ademais de gozar da andaina, é lembrar o camiño da feira de Parada a través do canón do Sil co paso en barca.
A vexetación está fotografada xusto nos que conteñen esas fotos. Pero en realidade árbores, matogueira e plantas están, unha vez no canón, mesturadas de forma continua.
02 A única aldea pola que pasaremos en Lugo (parroquia de Barantes). O nome ben indica que é o último lugar antes da ribeira, situado na bocarribeira polo tanto. Do outro lado, A Somoza (“debaixo do monte” quere dicir). Sería tamén a último lugar da parroquia de Santiorxo antes da ribeira.
03 A ela iamos buscar auga para as dores de ventre. Algo axudaría a camiñata.
04 Así se chama a bifurcación entre camiño de carro e camiño de burras (que leva a Leiredo). Este nome adoita responder a quebras de camiño con moita pendente, tamén lugares polos que baixan pedras e barro por mor das escorras (por aquí baixa a auga do Cardo). É loxicamente unha barronca ou barranca.
05 Primeiro a sobreira e despois a aciñeira.
06 Desde aquí, ademais da vexetación que se indica, vese Viña Peón (a do elevador) e no fondo os pagos de Leiredo.
07 Tramo de camiño no que se van vendo diferentes plantas e árbores.
08 Final do camiño de carro. Atalaia importante desde a que vemos a amplitude do canón con: os soutos de caldelas, o mosteiro de Santa Cristina, Vilouxe; desta banda, sobreirais inmensos, aciñais, érbedos, viñas, laranxeiras, etc.
10 Aquí é onde tiña a barca o Barril (despois de encorado o río).
11 Non temos aínda claro o punto exacto.
12 Primeiros sequeiros e descanso cunha vistas increíbles cara a Bolmente e Santiorxo, xunto en fronte do Marcozón. Linde entre Barantes e Bolmente?
Neste punto encontramos xa un dos camiño das andainas, moitas, que Parada de Sil ten preparadas e limpas, é dicir, usadas. Dous sequeiros importantes, sen dúbida. Pola dereita, cara ao mosteiro e Castro. Pola esquerda, a Portela, a nosa ruta.
14 Xusto ao pé do regato de Portela e por debaixo do lugar.
15 Chama a atención o ampla que é e o conservada que está.
16 Neste punto, a indicación lévanos directamente á capital por unhas carreira e logo un carreiro ben cómodo e interesantes para transitarmos.
Entramos pola Praza do Barquilleiro. Logo, na parte máis alta, o campo da feira e o concello.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta