Esta camiñada transcorre nunha parte (ao principio e ao final) pola canle romana do Mondón, chamada así porque era deste lugar de onde partía para levar augas do río Xares ate unha mina de ouro situada en Vilanuide, no concello de Quiroga. É un elemento patrimonial de grande interese e escasamente coñecido, podemos camiñar por el grazas a que foi reutilizado a finais dos anos setenta do pasado século para a traida de augas a Pontomourisco, función que aínda segue cumprindo na actualidade.
A ruta da Canle do Mondón é esta:
https://es.wikiloc.com/wikiloc/spatialArtifacts.do?event=setCurrentSpatialArtifact&id=13027258 A ruta comeza na estrada que une Petín con Barxa pouco antes de chegar a esta aldea. Seguindo a canle romana iremos vendo o río Xares ao fondo, as aldeas de Barxa, San Martiño e Celavente, ata chegar á pista que une O Seixo con San Fiz, seguíndoa chegaremos ao encoro de Santa Olaia. Desde alí subiremos ata as ruínas de San Fiz, con magníficas panorámicas en todo o traxecto sobre a augas do Xares embalsadas, o balneario do Mondón e a aldea de Xares ao fondo. Pasamos xunto a modesta igrexa de Santa Catarina e imos so poboado de San Fiz, construído en 1963 por Saltos del Sil a xeito de compensación aos veciños desta parroquia pola construción do encoro nas súas terras. Xa baixando atopamos unha pincheira a rente do camiño, no regueiro dos Carballais. Farremos a volta polo mesmo camiño con vistas aos plegamentos xeolóxicos do Seixo. Está sen sinalizar pero nótase ben por onde vai.
borja012 23 ago 2018
He realizado esta ruta verificado Ver más
Información
Fácil de seguir
Entorno
Fácil
Muy bonita ruta y vistas increibles de la presa de Santa Eulalia; la sensación de soledad con el ruido del río de fondo, indescriptible.