-
-
543 m
154 m
0
5,0
10,0
19,99 km

Vista 3218 veces, descargada 98 veces

preto de Belesar, Galicia (España)

www.caracochas.com

De esta vez Os Caracochas imos presentar unha das rutas de sendeirirsmo máis fernosas que podemos encontrar en Galicia, unha mistura de río, fragas, viñedos e moitisima historia. Percorredea que seguro que vos vai a gustar.

A ruta sae da misma aldea de Belesar ascendendo durante uns quilómetros por unha antiga calzada romana; o ascenso é bastante picado pero moi agradable e sombreado entre carballos e castiñeiros.

No seu punto máis alto damos paso a unha paisaxe totalmente distinta entre aldeas, prados e pumares de maceiras misturado con espectaculares igrexas románicas. Volveremonos a meter de novo na espesura da Fraga para chegar a espectacular igrexa de Santo Estevo de Ribas de Miño, perla do románico galego.

Tras cruzar o Miño sobre a presa de Belesar e visitar a igrexa de Pesqueiras a ruta cruzará os fermosos socalcos onde se plantan as viñas que dan o famoso caldo da Ribeira Sacra. Tramo moi vistoso este, pouco arbolado e que nos permmite ver desde arriba o Canón do Miño, para baixar e rematar en Belesar.

Tede en conta que a ruta recorr moita pista de asfalto rural, pero prega a pena pola sua beleza.

Si queres saber máis www.caracochas.com

Ver más external

15 comentarios

  • Alexandre S. 08-ene-2013

    Espectacular!!!, conxuga patrimonio coas igrexas medievais, calzadas romanas; co natural con espesas fragas e o canón do Miño

  • Alexandre S. 09-ene-2013

    He realizado esta ruta  ver detalle

    Espectacular!!!, conxuga patrimonio coas igrexas medievais, calzadas romanas; co natural con espesas fragas e o canón do Miño

  • Bea V 15-ene-2013

    He realizado esta ruta  ver detalle

    Das rutas máis bonitas que fixen...ademáis da bonita paisaxe de caracochas e viñedos que nos presenta tamén temos os Mosteiros que son impresionantes...encantoume a ruta, moi recomendable

  • veciños 25-mar-2013

    Respecto de esta zona , comentar que dende a pasada semana está aberta e sinalizada a ruta que vai acompanando ó Miño dende Stº Estevo de Ribas de Miño ata Atán , uns 36 km. para facer en 2-4 etapas , pois merece a pena parar nos puntos de interese .O trak pódese baixar na páxina de SEGATUR ( empresa sinalizadoar ) e a información chamando ós concellos de O Saviñao e Pantón ou a esta asociación veciñal do Saviñao que a diseñou e limpou parcialmente . Agora será homologada co PR-G 162 . É un compendio de paisaxe-natureza , patrimonio , e ocio-gastronomía . Recoméndoa .

  • veciños 25-mar-2013

    Camiño romano . Despois medieval, forma parte do Camiño de Inverno a Santiago ( aínda non oficializado ) https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/belesar-romanico-e-vino-caracochas-3474484/photo-1923258

  • veciños 25-mar-2013

    Belesar : Un dos pobos ribeireños mías bonitos do Miño . cómese ben no clube naútico ( O Batuxo ) , tamén saen de aquí paseos fluviais en catamarán. https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/belesar-romanico-e-vino-caracochas-3474484/photo-1923274

  • Djalminha 27-sep-2013

    He realizado esta ruta  ver detalle

    O asfalto de esta ruta compensase coa espectacularidade do seu trazado

  • veciños 28-sep-2013

    S. Paio de Diomondi , egrexa románica e pazo obispal medieval , derrubada a súa fachada fai máis de 2 anos . https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/belesar-romanico-e-vino-caracochas-3474484/photo-1923260

  • veciños 28-sep-2013

    Stº. Estevo de Ribas de Miño . Situación privilexiada na ribeira . Hai ó lado unha casa de turismo rural . https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/belesar-romanico-e-vino-caracochas-3474484/photo-1923264

  • veciños 28-sep-2013

    Viñedos en socalcos , traballo de moitas xeneracións . Espectacular no outono . https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/belesar-romanico-e-vino-caracochas-3474484/photo-1923266

  • veciños 28-sep-2013

    Múltiples regatos cruzan a ruta na procura do pai Miño .Vexetación exuberante . https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/belesar-romanico-e-vino-caracochas-3474484/photo-1923270

  • Foto de pintafontes

    pintafontes 25-nov-2013

    He realizado esta ruta  ver detalle

    Moi recomendable e espectacular; eso sí, difícil de facer sen mapa ou GPS pois non está sinalizada.
    En outono se poden ver algunhas das vistas mis bonitas de Galicia.
    Por último, dicir que a parte do track que baixa a Belesar está un pouco confusa, hai un camiño que baixa bastante directo pero non atopamos o inicio.

  • Foto de caracochas

    caracochas 25-nov-2013

    Alegramonos de que che gustara a ruta; a verdade é que é unha ruta moi bonita, e a nosa intención e que a xente a faga a partir de este track, si ben hai libros que a describen perfectamente. Do treito ao final algo confuso supoño que é o do camiño que baixa dende a estrada ata o final da ruta; recordo que nos tamén nos despistamos un pouco, pero a carón de unha casiña que hai a carón da estrada sae unha senda estreita que baixa directamente ata Belesar.

    caracochas.com

  • pablomotos 28-dic-2013

    He realizado esta ruta  ver detalle

    Realizada el 20-12-2013
    la ruta muy bonita pero termine algo cargado de tanto asfalto
    aun asi merece la pena

  • Foto de caracochas

    caracochas 28-dic-2013

    Alegramonos moito de que che gustase a ruta. E verdade que ten bastante asfalto pero non deixan de ser pequenas pistas entre os viñedos con unhas vistas sobre a Ribeira inmellorables. Magoa que non fosen todos os tramos de terra.

    Caracochas.com

Si quieres, puedes o esta ruta