Comezamos a ruta no aparcadoiro gratuito da Praza da Mancomunidade en Boiro. Axiña chegamos a Goiàns e ollamos os muiños e o río Coroño, continuamos polo seu sendeiro e chegamos ao esteiro do río onde bica o mar e a praia de Barraña. Todo o longo da praia temos un paseo litoral precioso e no fin da mesma seguimos un anaco pola estrada que nos leva a Cabo de Cruz. A poucos metros desviamonos a aldea de Cariño retomando o litoral e seguimos ata a aldea de Esteiro, en ambas temos ocasión de ollar unhos recunchos preciosos. Chegamos a Cabo de Cruz e o seu porto e paramos a a tomar un café na Casa do Pescador. Chama a atención a grande cantidade de barcos bateeiros adicados ao cultivo e recollida do mexilón. Despois do café bordeamos a parroquia pola punta Piñeirón e nos atopamos coas praias de Area Grande, Piñeirón e Carragueiros. Neste punto comezamos o retorno a Boiro pola aldea Cèsar e chegamos a Igrexa de Santa María de Castro, seguimos camiño e por algunga corredoira e pista asfaltada enlazamos coa estrada que une Boiro e Abanqueiro chegando o casco urbán e a Igrexa de Santa Baia de Boiro, patrona da cidade, un cruzeiro, a praza do Concello e a rúa peatonal onde dispoñemos de cafés e resstaurantes para xantar ou repoñer forzas. Por está rúa chegaremos a Praza da Mancomunidade onde comezamos a ruta. Lembrade mairomente e de asfalto.
CHUSCHUS 13 dic 2021