Tempo  8 horas 15 minutos

Coordenadas 1681

Fecha de subida 20 de junio de 2015

Fecha de realización junio 2015

-
-
310 m
13 m
0
4,5
9,0
17,99 km

Vista 1387 veces, descargada 21 veces

preto de Taragoña, Galicia (España)

Baseándonos na ruta que fixeron Vintedouspés con algunha modificación, realizamos esta polo Concello de Boiro.
O inicio facémolo preto do pazo de Riva de Mar, xunto a praia do mesmo nome, para continuar cara a Reboredo pasando por diante do Cruceiro de Cuveliño

Agora toca subir e o pasar por Vilariño onde atopamos outro cruceiro moi parecido ao anterior.

Seguimos subindo monte arriba, polo medio de piñeiros que nos dan sombra neste día soleado e moi caloroso, para empezar a baixar ata Xián onde enlazamos co sendeiro PRG 90 ao seu paso polo río Grande ata o muíño de Brea. Desviámonos da ruta uns 120 metros, para xantar no Rte. Parrillada Bahía, que por certo, nos atenderon moi ben.

Pola tarde, continuamos pola beira do rego Grande, ata a súa desembocadura na ría, case sempre coa sombra dos piñeiros ata chegar o Castro de Neixón. Agora a beira do mar, percorremos o puco traxecto que nos falta ata chegar o inicio de esta bonita ruta.

Apenas ten asfalto, agás o que atopamos cando atravesamos os pobos que cruzamos no percorrido, o resto facémolo por carreiros e pistas forestais. Tamén temos un bo anaco pola beira do río, onde o sendeiro faise un pouco mais dificultoso.
N42.68238° W8.84821°

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta