Descargar

Distancia

3,37 km

Desnivel positivo

71 m

Dificultade técnica

Fácil

Desnivel negativo

189 m

Altitud máxima

213 m

Trailrank

31

Altitud mínima

19 m

Trail type

Solo ida

Coordenadas

113

Fecha de subida

26 de enero de 2021

Fecha de realización

enero 2021

Navegación Outdoor

Guíate por millones de rutas al aire libre desde tu móvil. ¡Incluso offline!

Pásate a Wikiloc Premium Pásate a Premium para eliminar los anuncios
Navegación Outdoor Navegación Outdoor
Sé el primero en aplaudir
Compartir
-
-
213 m
19 m
3,37 km

Vista 122 veces, descargada 1 veces

preto de Laiño, Galicia (España)

Esta ruta permítenos acceder ó petróglifo de Bouza Badín na parroquia de San Xoán de Laíño en Dodro. Trátase da estación de arte rupestre máis destacable deste municipio da comarca do Sar e de toda zona do Baixo Ulla. Un excepcional conxunto rupestre da Idade do Bronce localizado na faldra do Monte Carboeiro e na contorna da aldea de Imo, coñecida pola “Eira da lavandeira”, un grande conxunto etnolóxico que integran 11 hórreos de tipoloxía da Maía distribuídos entorno a unha eira e datados entre os s. XVIII e XIX, boa mostra da arquitectura popular galega.
Existen dúas alternativas para acceder ó petróglifo, ben dende a propia aldea de Imo ou ben dende o Cruceiro do Abelán, un dos cruceiros de capela ou de Loreto máis antigos (1672) desta tipoloxía propia da Península do Barbanza. Outra opción sería facer unha ruta circular aproveitando as dúas alternativas sinaladas duns 5 km (ver esbozo xeral).
Propóñevos a segunda vía de acceso ó petróglifo pola facilidade para aparcar os vehículos na área de lecer que os comuneiros do Monte da Cruz de Abelán e o concello dodrés acondicionaron no entorno do citado cruceiro. Un recorrido que tamén coincide con treitos doutras rutas do programa “Sendeiros de Dodro” que nos permiten descubrir outros interesantes enclaves deste municipio, como a Ruta literaria “Pensa Nao” de Anxo Angueira ou a Ruta circular do itinerario ambiental da Cruz de Avelán.
Para achegarnos ó conxunto arqueolóxico deixaremos a C-550 de Ribeira a Padrón para tomar a estrada local que ascende á igrexa parroquial de San Xoán de Laíño. No seu camposanto descansa o sindicalista e político nacionalista, Moncho Reboiras, natural desta parroquia.
Continuamos, sen desviarnos, ata o cumio da Cruz de Abelán na antiga encrucillada do Monte Padronelo que describía o Pai Sarmiento na súa viaxe a Galicia de 1754. Dende este punto descenderemos a pé algo máis dun quilómetro por vellos camiños e pistas forestais para acceder o conxunto arqueolóxico da Bouza Badín.
Nun grande afloramento rochoso que salienta na paisaxe da contorna, atopamos ata 14 paneis gravados con figuras de tipoloxía xeométrica e naturalista. Gravados do Grupo Galaico da Arte Rupestre datados na Idade do Bronce que representan motivos abstractos, como coviñas, cazoletas, aneis, combinacións circulares, máis tamén motivos figurativos como cabalos (algúns con xinetes), cervos e outros cuadrúpedes de difícil interpretación polo seu mal estado de conservación. Ó carón destes deseños prehistóricos tamén podermos ollar representacións de diferentes cruciformes e outros símbolos medievais e modernos asociados á habitual “cristianización” destas escenas legadas polos nosos devanceiros ou de sinalización de antigos lindes territoriais.

Ver más external

Waypoint

Cruz do Abelán

  • Foto de Cruz do Abelán
O Cruceiro do Abelán é un dos cruceiros de capeliña datados máis antigos, do ano 1672. O seu nome, "A cruz de Abelán ou Dabelán" semella proceder das abelás ou abeleiras que abundaban nesta zona noutros tempos. Está situado ó pé dun antigo camiño sacramental na encrucillada das estradas que levan a Imo, Bexo, Teaio e A Devesa. Presenta as características xerais dos cruceiros de Capela ou de Loreto que atopamos espallados pola zona do Barbanza e noutros concellos ó sur da provincia da Coruña como Brión, Ames, Rois ou Dodro. Como aspecto único neste cruceiro cómpre destacar a decoración dunha especie de fornela labrada en baixo relevo nas catro caras da parte inferior do fuste. No interior non acolle ningunha imaxe, mais a veciñanza conta que antes había unha virxe e que desapareceu xa hai moitos anos. O conxunto remata coa cruz, asentada sobre o teito da capeliña. O Cristo fica apegado á cruz e atópase moi erosionado mais podemos distinguir os seus trazos anatómicos, o pano de pureza anóao á esquerda, os cravos nas mans, a coroa de espiñas, e o nimbo circular e a cartela do INRI. Bibliografía: GONZÁLEZ PÉREZ, C.: “Os cruceiros de capela, concello de Dodro”, Anuario Brigantino 2001, núm. 24, p. 449-454
Waypoint

Eira e hórreos da Lavandeira en Imo

Arquitectura popular do s.XVIII que integran 11 hórreos na contorna dunha antiga eira de mallar.
Waypoint

Igrexa de San Xoán de Laiño

  • Foto de Igrexa de San Xoán de Laiño
Templo barroco de 1754 con planta rectangular e unha soa nave dividida en 3 tramos con bóveda de canón. Destaca ó seu campanario de 22 metros de altura que acubilla dúas grandes campás. Nunha pequena fornela na portada principal figura unha imaxe pétrea da virxe que segundo a tradición popular puido proceder da capeliña do cruceiro da Cruz de Avelán.
Waypoint

Local social do Montiño

Waypoint

Petroglifos Bouza Badin

  • Foto de Petroglifos Bouza Badin
  • Foto de Petroglifos Bouza Badin
  • Foto de Petroglifos Bouza Badin
  • Foto de Petroglifos Bouza Badin
  • Foto de Petroglifos Bouza Badin
  • Foto de Petroglifos Bouza Badin
Punto de información

Punto de acceso ós petróglifos

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta