-
-
334 m
8 m
0
3,3
6,6
13,21 km

Vista 6778 veces, descargada 136 veces

preto de Esteiro, Galicia (España)

Se coñecedes o monte Pindo, no concello de Carnota, este percorrido, na parroquia de Esteiro, en Muros, vos vai resultar moi familiar. Non ten a lenda do Olimpo Celta detrás súa, pero en canto a vistas panorámicas e formacións graníticas erosionadas e con formas imaxinativas de animais e persoas, non lle faltan. Se agudizades a vista, veredes gatos, tartarugas e hasta a cadeira do bispo.
Ten seu comezo esta andaina, circular e parcialmente sinalizada, na igrexa de Santa Mariña de Esteiro. A uns douscentos metros de empezar virades a esquerda, pola rúa Solleiros. Non sigades de fronte porque iríades dar n´A Silvosa, pola estrada. Xa estamos no bo camiño e é cuestión de ir atentos aos sinais branco-amarelos que nos levarán en continuo ascenso ata atoparnos cun poste indicador. Desde aquí subiremos a Pedra do Cadro entre bolos graníticos de caprichosas formas, chegando ao mirador natural sobre a ría de Muros e Noia.
Volvemos hacia atrás ata o poste indicador para seguir hacia A Braña e a uns catrocentos metros atopámonos unha pista a esquerda que baixa ao cemiterio e ao punto de partida, acortando a ruta. Nos seguimos a dereita pola curva de nivel do terreo gozando das vistas sobre a praia de Abelleira.
Pasamos por rochas cabaleiras formadas por varios penedos amontoados e un singular bolo con forma case que cadrada. A paisaxe é máxica.
Prestamos atención aos sinais e baixamos hacia A Braña, con zonas húmidas franqueadas polos outeiros graníticos erosionados pola chuvia e o vento. Andamos por un cómodo camiño e pasando o indicador de A Braña uns oitocentos metros, chegamos a unha pista que baixa a dereita. Seguiremos por aquí, porque se continuásemos de fronte, subindo, a uns trescentos metros encontraríamos un camiño a dereita coas marcas sendeiristas que nos levarían por unha fermosa corredoira ata A Silvosa, pero logo tendríamos que facer un longo treito por estrada, que non interesa. Así que baixamos pola pista da dereita con forte desnivel e que nos pon a beira do río Maior.
Imos por este camiño paralelo ao río e nunha bifurcación collemos a esquerda para atravesar a estrada a altura do muiño da Pontella. Agora o sendeiro é de pescadores e a vexetación arbórea de ribeira conforma unha galería.
Remata o sendeiro e nos metemos nunha pista que vai ao barrio de Regoa e de aquí imos a Esteiro, onde comezamos.
P.D.- Indo atentos aos sinais e as indicacións que fixen, non precisades de GPS.
N´A Silvosa hai un panel do Sendeiro dos Camiños Tradicionais, pero é máis ben para facer con bicicleta BTT, porque vai por pistas forestais e camiños veciñais asfaltados.
22-AGO-09 13:20:51
22-AGO-09 13:04:58
22-AGO-09 11:11:37
22-AGO-09 15:09:38
22-AGO-09 10:55:19
23-AGO-09 17:20:25
22-AGO-09 13:21:40
22-AGO-09 10:47:18
22-AGO-09 11:24:41
22-AGO-09 10:41:00
22-AGO-09 10:37:26
22-AGO-09 15:30:19
22-AGO-09 11:25:16
22-AGO-09 16:08:05
22-AGO-09 11:17:59
22-AGO-09 15:00:19
22-AGO-09 11:38:06
22-AGO-09 11:23:29
22-AGO-09 10:50:23
22-AGO-09 15:10:33
23-AGO-09 17:10:11
23-AGO-09 17:12:48
22-AGO-09 15:05:55
22-AGO-09 12:48:10
22-AGO-09 10:38:12

2 comentarios

  • Foto de jrgbonma

    jrgbonma 18-may-2016

    Hola, intentamos la ruta ayer y el tramo desde algo más adelante del cruce de vuelta de los penedos hasta la rocha cabaleira está imposible ... nos peleamos con los tojos, así tenemos piernas y brazos hoy, pero cuando estos llegaban a los dos metros fue imposible seguir, estábamos a menos de 100 m del punto que marca la roca pero hubo que hacer marcha atrás, no vimos forma 'segura' de continuar.
    Subiré la nuestra para que sirva de referencia si alguien decide aventurarse, pero no es aconsejable, no tiene pinta que hayan desbrozado el sendero en años¡.
    Gracias por tu ruta, era nuestra referencia.
    Salu2,

  • Foto de jesussimon

    jesussimon 18-may-2016

    Estupendo, "jrgbonma". Ahí queda tu comentario aclaratorio de como está la ruta ahora (mayo 2016).
    Saludos.

Si quieres, puedes o esta ruta