Tempo  6 horas 15 minutos

Coordenadas 2161

Fecha de subida 26 de febrero de 2017

Fecha de realización febrero 2017

-
-
1.231 m
963 m
0
3,9
7,8
15,58 km

Vista 1740 veces, descargada 21 veces

preto de Gavieira, Viana do Castelo (Portugal)

Cando no mes de Maio os pasteiros escaseaban, era costume subir o gando cara aos cumios da Serra da Peneda ata que a climatoloxía tornábase máis fría, a finais de Agosto ou Setembro, tendo por entón o regreso as zonas máis baixas. Estas zonas de pasto, con auga dalgunha fonte ou regueiro, eran chairas delimitadas por valados baixos feitos con pedras.

Na Peneda os chouzos para recollerse o gando e máis os pastores reciben o nome de "brandas", facéndose a subida e logo a baixada con paradas en brandas intermedias, usándose estos acubillos cando o tempo era adverso.

Cada branda dispuña de agrupamentos de máis de unha ducia de cortellos, espallados e acoutados por un recinto chamado "a becerreira". As construcíóns estaban cubertas por unha falsa cúpula moi basta e con un interior de pouca superficie útil, mais hai hai algunha que dispón de dous pisos con entradas separadas; enriba dormía o pastor e embaixo acubillábase o gando.

As brandas tamén podían ter casas e leiras onde se cultivaba o feo, o centeio e a patata, constituindo deste xeito pequenas aldeas onde a xente moraba de Maio a Setembro.

Algunhas brandas de cultivo transformáronse co tempo en aldeas con residencia permanente, como São Bento do Cando, onde nós comezaremos o percurso. As de Bosgalinhas, Junqueira e Gorbelas -tamén no noso circuito- son cultivadas e habitadas no verán e a branda do Poulo da Seida -asemade visitada por nós- ten un uso só estacional no estío como pasteiro, sen zona de cultivo e con chouzos de pedra, con ausencia de casario.

Ver más external

foto

Branda Bosgalinhas

Branda na Serra da Peneda.
foto

Branda da Seida

Branda na Serra da Peneda.
foto

Branda Gorbelas

Branda na Serra da Peneda.
foto

Branda Junqueira

Branda na Serra da Peneda.
foto

Camiño

Carreiro entre a branda de Gorbelas e a branda de Junqueira.
foto

Camiño empredrado

Camiño entre a branda de Gorbelas e a branda da Seida.
Waypoint

Comezo Brandas

Punto de inicio do roteiro en São Bento do Cando.
foto

Currais 1

Currais para o gando en São Bento do Cando.
foto

Currais 2

Currais entre a branda de Gorbelas e a branda da Seida.
foto

Currais 3

Currais na branda de Bosgalinhas.
fuente

Manancial

Nacedeiro de auga na branda de Gorbelas.
Waypoint

Milladoiro 1

Fito no camiño na branda da Seida.
Waypoint

Milladoiro 2

Fito por riba da branda de Bosgalinhas.
panoramica

Miradoiro 1

Punto de vistas panorámicas sobre a branda de Gorbelas.
panoramica

Miradoiro 2

Punto de vistas panorámicas sobre a branda de Bosgalinhas.
foto

Penedos

Bolos graníticos ciclópeos.
Río

Rego

Pequeno regueiro sobre São Bento do Cando.
Río

Ribeira das Forcadas

Rego na estrema da Serra da Peneda.
Río

Ribeiro da Feicha

Regueiro entre a branda de Gorbelas e a branda de Junqueira.
Avituallamiento

São Bento Cando

Lugar onde comeza o noso roteiro.
foto

Vistas curral

Punto de vistas sobre un curral.
foto

Vistas foxo lobo

Punto desde o que se albisca un foxo do lobo.

1 comentario

  • Foto de jesussimon

    jesussimon 27-feb-2017

    Aconsello facer o roteiro no sentido contrario as agullas do reloxo, deste xeito teremos unhas vistas panorámicas engaloiantes do macizo da Peneda ao baixar desde a branda da Seida cara a de Gorbelas. Faremos así tamén ao principio un treito sen moito encanto que vai pola pista de terra que delimita o Parque Nacional, eso sí, albiscaredes un grandioso foxo do lobo nas abas de en fronte.
    Pasada a branda de Gorbelas, indo cara a de Junqueira, atoparedes que ao virar a esquerda o sendeiro semella desaparecer no medio das xestas. Son uns 50 metros ata outro camiño ben limpo.

Si quieres, puedes o esta ruta