Coordenadas 274

Fecha de subida 12 de julio de 2017

Fecha de realización julio 2017

  • Valoración

     
  • Información

     
  • Fácil de seguir

     
  • Entorno

     
-
-
128 m
39 m
0
1,5
3,0
5,93 km

Vista 1175 veces, descargada 24 veces

preto de Sisto, Galicia (España)

Esta ruta comeza na Carballeira do Santo Arandel, entre Chave de Ponte e Beca. Ós poucos metros torceremos a dereita e bordeando os prados do campo de Xandras, dirixirémonos a aldea de Xinzo, para atravesala e continuar cara o monte de Castro Lupario donde poderemos desfrutar dunha espléndida panorámica da zona. Baixamos do Castro camiño do rio Tinto onde se atopa a Ponte Paradela ou Ponte do rio Tinto que antigamente servia de paso entre os concellos de Brión e Teo. Seguiremos a camiñata pola beira esquerda do rio Tinto ata o monte Goiñas, dende onde gozaremos doutras fermosas vistas do val da Mahía en Bastavales, véndose tamén o Castro Lupario, as aldeas de Beca e Xinzo e incluso a Igrexa parroquial de San Xulián de Bastavales. Logo baixaremos de novo ata o punto onde poderemos optar por volver o Santo Arandel e terminala camiñata, ou continuar cara o Rio Sar pola ruta Amarela (Zona de especial protección incluida na Rede Natura 2000 como parte do LIC Sistema fluvial Ulla - Deza).
Picnic

INICIO E FIN

Campo do Santo Arandel. Carballeira, area de lecer e cruceiro. A ruta iníciase no camiño á dereita da área de lecer.
Fuente

FONTE DE XINZO

Dentro da aldea, seguindo a indicación do poste (esquerda) atravesamos Xinzo pasando pola fonte. Se continuásemos de frente, sairíamos igualmente frente a pista pola que temos que seguir.
Sitio arqueolóxico

CASTRO LUPARIO

Ruínas dun pequeno castro belo e evocador, cuberto de musgo todo o ano. Entre os ocos da vexetación podemos divisar algunha vista panorámica.
A subida entre a espesura non é moi longa pero pode estar tapada pola maleza. En outubro do 2016 o camiño estaba desbrozado e limpo, pero 2 meses antes, os toxos coma árbores, facían dificil o paso.
Ponte

PONTE PARADELA

Ponte de pedra xunto á estrada, sobre o rio Tinto no paso entre os concellos de Teo e Brión.
Panoramica

MONTE GOIÑAS

Atravesando o monte Goiñas podemos desfrutar de fermosas vistas do val da Mahía en Bastavales, divisándose desde aquí as aldeas de Beca e Xinzo.
Waypoint

GASODUCTO

Sinal vertical de ENAGAS
Intersección

BIFURCACIÓN 1

Virar á dereita
Intersección

BIFURCACIÓN 2

De frente dereita a Xinzo (ruta granate). Esquerda Ruta do río Sar dirección Chave de Carballo (ruta amarela)
Waypoint

SAÍDA DE XINZO

Se imos pola fonte, na estrada xiramos á dereita e ao momento xa vemos de frente un poste co sinal de dirección equivocada tendo que continuar pola esquerda rodeando as casas.
Intersección

SENDEIRO A ESTRADA

Chegamos ao asfalto despois de ascender por un camiño encaixonado entre carballos e fieitos. Un poste enfrente indica xirar á dereita (subindo).
Intersección

BIFURCACIÓN Ó CASTRO LUPARIO

No camiño do monte hay unha bifurcación,  á dereita a empinada subida entre a vexetación leva ao Castro Lupario pero pode estar tapada e intransitable.
Intersección

SUBIDA Ó CASTRO LUPARIO

Vemos á dereita da estrada un poste con dúas opcións: subir ao Castro Lupario ou baixar á Ponte Paradela. Se decidimos ir ao castro, volveremos de novo a este punto para continuar a ruta.
Intersección

POLA BEIRA DO RIO TINTO

Antes de cruzar a ponte, collemos o camiño á esquerda e continuamos augas arriba co río á nosa dereita
Intersección

VIRAXE Á ESQUERDA

Pronto nos alonxamos do río e comezamos a subir. A primeira viraxe é á esquerda seguindo a curva do sendeiro principal. O poste pode estar tapado por fieitos.
Intersección

VIRAXE Á DEREITA

A partir de aquí seguiremos invariablemente o sendeiro principal durante un longo traxecto (máis dun quilómetro). Irá serpenteando case sempre subindo pero tamén en chan e baixando, e cruzarase con outros sendeiros a dereita e esquerda pero sempre se distinguirá como sendeiro principal..
Intersección

BAIXADA DO MONTE

Ao baixar do monte, nunha bifurcación triple de camiños con difícil sinalización, hai que seguir de frente cara o cruce do gaseoducto.
Intersección

BIFURCACIÓN GASODUCTO

Ao chegar ó camiño do gaseoduto hai que coller cara á esquerda, baixando aos prados de Chave de Carballo (o máis seguro é que o poste deste punto xa non esté pois ten moita tendencia a desaparecer).
Intersección

ENCONTRO COA RUTA DO RIO SAR

Ao remate da baixada da pista do gaseoduto chegamos ó camiño, nos prados, onde se une coa Ruta do río Sar, volvéndose a separar un pouco máis adiante desta ruta, xusto onde remata a pista que se ve.
Waypoint

ENTRADA A XINZO

Entrar polo camiño da parra á esquerda da pista (a pista asfaltada de frente tamén nos levaría a continuar a ruta rodeando a aldea.
Intersección

DE PISTA A SENDEIRO

A pista empeza a ascender suavemento e pasa a ser camiño despois do poste de sinalización. Non hai outro camiño posible a non ser rodear unha illa de vexetación que nos leva ao mesmo sitio.
Intersección

VOLTA

Xusto no remate da pista pola que imos, co monte diante, collemos cara á esquerda e seguimos todo dereito ata chegar de novo ao Santo Arandel

1 comentario

  • Foto de mctsenderismo

    mctsenderismo 29 dic. 2020

    He realizado esta ruta  verificado  ver detalle

    Muy bonita. Señalización no completa

Si quieres, puedes o esta ruta