Coordenadas 472

Fecha de subida 24 de julio de 2017

Fecha de realización julio 2017

-
-
118 m
32 m
0
2,5
5,1
10,19 km

Vista 387 veces, descargada 20 veces

preto de Os Anxeles, Galicia (España)

Este percorrido que propoñemos acércanos un pouco máis ó corazón de Brión, onde podemos encontrar as súas fermosas aldeas, e diferentes paisaxes que nos farán desfrutar o longo destes 10 km, os cales se poden percorrer sen dificultade. Ven a coñecer os encantos que esconde o noso concello.
Neste punto comeza e finaliza o noso percorrido.
Deixando a igrexa as nosas costas, viraremos á dereita pola estrada.
Aquí seguiremos de frente na rotonda e chegaremos ata a fonte de Augas Férreas. Voltaremos de novo á rotonda e continuaremos pola dereita.
Logo de vir dende a rotonda, colleremos unha pista á nosa dereita.
Seguiremos á dereita cara a aldea.
Neste punto continuaremos de frente (obviaremos as indicacións que vemos no poste da ruta añil)
seguiremos o percorrido virando á esquerda
Nesta bifurcación seguiremos pola esquerda, compartindo percorrido tamén coa ruta añil.
Despois da ponte seguiremos pola pista á nosa esquerda.
Nesta intersección, onde atoparemos un cruceiro, colleremos o desvío á dereita.
Nesta ocasión, viraremos á nosa dereita, sobre a herba e baixo uns castiñeiros, para dirixirnos a un pequeno parque situado na parte traseira do Balneario do Tremo.
Aquí cruzaremos a estrada polo paso de peóns e continuaremos á esquerda pola zona peatonal, podendo ver O Carballo do Tremo, un impoñente exemplar.
Seguiremos pola esquerda pola estrada principal e cruzaremos o outro lado polo paso de peóns.
Continuaremos pola pista que segue a nosa dereita.
Deixaremos o asfalto e continuaremos de frente polo camiño. Un poste baixo, situado a nosa dereita xunto o poste do tendido electrico, indicanos a dirección cara o Castro Lamiño.
Seguiremos pola nosa dereita, baixo os cables de alta tensión.
Neste punto, viraremos á esquerda. O Castro Lamiño queda á nosa dereita ainda que non accederemos a él e continuaremos o percorrido.
Conectaremos con outro camiño e viraremos á dereita.
Á nosa chegada á Carballeira de Santa Minia, bordearemos a Igrexa por debaixo do paseo cuberto de plantas, ata a estrada principal.
Deixando a Igrexa a nosa esquerda, cruzaremos a estrada e viraremos á dereita, dirección Cabreiros.
Nesta intersección seguiremos pola pista que vai á esquerda.
Deixaremos unha ampla pista de asfalto, e viraremos á dereita polo sendeiro.
Nesta encrucillada, viraremos á dereita pola pista de asfalto.
Despois de cruzar unha ponte, teremos que coller un sendeiro que vira á nosa esquerda. Seguir fixándose nas sinalizacións que nos indican por onde seguir o percorrido ata chegar o punto final nos Ánxeles.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta