Coordenadas 142

Fecha de subida 28 de julio de 2017

Fecha de realización julio 2017

-
-
212 m
159 m
0
1,6
3,3
6,53 km

Vista 348 veces, descargada 10 veces

preto de Viceso, Galicia (España)

Deixate sorprender por este percorrido que te levará ao tempo no que se moían os grans coa forza da auga.
Distancia total: 7.15 kms. Discorre na súa totalidade pola parroquia de Viceso. Empeza e remata na aldea de Forxán, ó pé do seu cruceiro.
Ruta circular con puntos en común coa Ruta lila: Viceso - A Luaña e coa Ruta azul: Río Tambre.
Empeza e remata na aldea de Forxán, ó pé do seu cruceiro, subindo polo medio das casas ata chegar á carballeira onde está situado o castro de Forxán, (sen escavar). Hai sitio para deixar o coche.
No comenzo da ruta. O baseamento está formado por tres chanzos e a base, da que sae a columna de sección cadrangular coas arestas rebaixadas. O capitel ten varias molduras e debaixo da Virxe a face dun anxo. A cruz semella unha árbore con nós, da que pende a imaxe de Cristo, quedando no reverso a imaxe da Virxe. Cóidase que data do século XIX.
Ruinas do primeiro muiño. Imonos atopar cinco muíños en ruinas (más 2 na outra beira). Un deles con restos do que foi a primeira planta de luz eléctrica de Viceso. Este tramo de ruta de uns 600 metros, vai discorrer entre a Ponte dos Carros e a Ponte da Igrexa, á beira do rego de Viceso.
Ruinas do segundo muíño.
Ambos muiños moi xuntos.
Derradeiro muiño neste tramo do río.
Data do ano 1673. Cruceiro de capela asentado sobre catro chanzos de igual altura, arrancando do máis pequeno o fuste formado por unha soa pedra, no que hai en relevo a imaxe de San Pedro, cun libro na man esquerda e as simbólicas chaves na dereita. A capela consta de tres pedras lisas dentro das que se acolle unha imaxe da Virxe co Neno no colo, conservando aínda restos de policromía.. O conxunto coróase con Xesucristo crucificado, co pano de pureza anoado ós dous lados. Este cruceiro mide en total 4.46 metros e data do ano 1673.
Situado nunha encrucillada no medio da aldea, aséntase sobre tres chanzos e a base, da que sae o varal, no que se representa a Santo Antonio de Padua co Neno no colo. O capitel presenta flores de lis angulares e en cada lado unha cabeza, agás de baixo de Cristo, que ten un viril.
O grupo superior, formado por Cristo por unha cara e a Virxe pola outra, é moderno, labrado en 1987 polo “santeiro” Castelo. A parte vella data do S. XVIII, arredor do ano 1780.
Cruz situada nunha encrucillada do antigo “camiño sacramental” chamado “da portuguesa”. Conta con algunhas pezas antigas, como a base, na que están esculpidos unha serpe e un lagarto, así como unha caveira en cada esquina. Na inscrición parece lerse o ano 1768.
Un castro ainda por desenterrar, do que só  vemos o lugar onde se supón que está e un balado cerrando o espazo. Está situado na parte de arriba da aldea de Forxán. Altitude: 190 m. A planta é ovalada e as condicións naturais defensivas son boas, quedando os maiores desniveis cara o río Tambre. O parapeto que rodea todo o recinto, é máis alto cara ó Norte, superando en sitios os cinco metros, cunha anchura de tres. O terreo está adicado a monte. Atravesando a carballeira do castro, baixamos de novo ata as casas da aldea, cunha fermosa vista do río Tambre dende esta baixada, e volvemos ó punto onde comezámo-lo camiño.
Esta igrexa construíuse a partir do ano 1772, rematando as obras no 1873. A parte máis importante é a fachada, da escola do compostelán Simón Rodríguez, cunha imaxe da Asunción da Virxe labrada en 1784 polo escultor noiés Antonio Fabeiro. O retábulo principal é neoclásico e os das capelas laterais son modernos. Entre as imaxes antigas destaca o dúo formado por Santa Sabela e a Virxe e a de Santa Lucía.
Á entrada da aldea de Forxán.
Primeira ponte que nos topamos baixando de Forxán.
Aquí deixamos o rio e nos diriximos a Pousada.
Deixamos Pousada e  lavadoiro, e encontramolo tras cruzar a estrada.
Fermosas vistas desde o castro e desde os campos.
Ainda en Forxán
Na outra beira da Ponte dos Carros hai unha fonte natural, a fonte do canal das aveleiras.
Na saída da aldea en dirección ó río.
Fora da ruta, ó sur. Un lugar cercano para quentarse no verán.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta