-
-
510 m
257 m
0
2,7
5,3
10,66 km
Vista 194 veces, descargada 9 veces
preto de Nogueira, Galicia (España)
Ruta por un lugar máxico como é a Ribeira Sacra e que, como gran parte de Galicia mostra a traxedia do abandono e o despoboamento.
Comeza no lugar da Eirexa, a carón da igrexa de Nogueira, especialmente coñecida nos últimos tempos polo descubrimento e recuperación duns magníficos frescos renacentista que permaneceron ocultos polo cal durante varios séculos.
A mañá está fría e neboenta, aínda que promete levantar...
A primeira parte do recorrido transcurre polo que deberon ser viña e hoxe é en gran parte piñeiral e bosque en xeral. Atopamos adegas deixadas ó abandono e á ruína, carreiros pechados, ou case. A certa altura (marcado con waipoint), o camiño está xa moi pechado e difícil de transitar, especialmente nun día húmido coma este. En poucos anos esa zona será intransitable.
Sáese logo a zonas de viñedo e vistas rectas sobre o río e a ladeira oposta. Neste tempo de outono as cores son unha delicia. Logo de atravesar varias aldeas, retornamos ao comezo por un valciño aínda cuberto de viñas e cunha adega que debe ser o motor deste mantemento do cultivo.
Seguidamente faremos a visita ao miradoiro do Cabo do Mundo, que a mañá obviaramos polo pechado da néboa. Certamente paga a pena a baixada e subida para gozar da magnífica vista sobre o río e as ladeiras dun e doutro lado.
Para rematar, unha visita (hai un teléfono ao que chamar na porta) á igrexa. Imprescidible, por suposto.
Unha alternativa para a primeira parte da ruta é ir polo miradoiro e continuar pola estrada que leva ao lugar do Navallo. Pérdese a posibilidade de subir ata o Castro de Nogueira (realmente un mogote cuberto de mesta vexetación, silveirais incluídos) pero sería máis descansada.
Feita seguindo esta: https://gl.wikiloc.com/rutas-sendeirismo/o-cabo-do-mundo-nogueira-de-mino-pedrido-cartemil-goimil-chantada-lugo-ribeira-sacra-do-mino-9901626

Si quieres, puedes dejar un comentario o valorar esta ruta
Comentarios